domingo, 8 de abril de 2007

PALESTINA


No medio do desorde centos de mulleres e homes corren aterrecidos por rúas que levan a ningunha parte.
O seu pasado é un mundo de rancor, un mundo de familiares asasinados e casas desfeitas.
O presente un dolor lacerante no peito, un vagar nómada con bágoas nos ollos e as mans baleiras.
O futuro unha incerta fronteira de altos muros, arames e miseria.
Pedras contra tanques, rapaces con coios contra experimentados soldados con armas superautomáticas, homes enfrontándose a avións equipados con tecnoloxía USA. David contra Goliath. Territorio de suicidas porque é doado ser valente cando non hai nada que perder e moito polo que loitar.
¿Cántos palestinos teñen que morrer para que ese territorio teña dereito a figurar nos grosos volumes oficiais da historia dos países libres?
¿Con canto sangue é preciso regar una terra para que esta poida pertencer o seu pobo?
Mentres os mísiles estalan convertendo en pesadelo o sono infindo de Oriente Próximo os nenos choran desconsolados entre os cascotes do que antes foi un fogar e onde agora só agroman os refugallos do odio e da desolación.

21 comentarios:

X dijo...

Dolorosa descrición dunha cruel realidade para moitas persoas.

moucho branco dijo...

Escabrosa espiral de dor, morte e anceos de liberdade...

Ra dijo...

Que alguien abrace a ese niño.
Bico, Raposo.

Anónimo dijo...

Ata cando, ata cando, ata cando, ata cando!!!???

Moralla dijo...

MOi bo poema. E coma Palestina, milleirso de países en toda África. UN bico raposiño

Anónimo dijo...

A loita e o dor do pobo palestino é a punta do iceberg da escravitude a que están sometidos centos de pobos neste planeta que chamamos civilizado.

Son Unha Xoaniña dijo...

E sen nomear todas as Palestinas que hai neste momento no mundo,
O xénero humano somos a plaga máis grande que atacou este planeta.
un saúdo.

Anónimo dijo...

Ola! un blog realmente interesante, visitareiche con asiduidad.
Saúdos

Robert

Raposo dijo...

Patrieira: ata que USA queira.
A randeeira: Centos non sei pero unhas ducias deles si.
Rifo I de zeuquirne: a plaga mais grande e con diferencia.
Grazas a tod@s pola visita (mención especial a Robert que se achegou por vez primeira a esta cova).

Anónimo dijo...

Non debería ser precisa a perda nin sequera dunha pinga de sangue para que un pobo sexa dono do seu. Todas elas son imprescindibles, preciosas, únicas... vida.

Anónimo dijo...

palestina e dos palestinos, é o problema xurdiu por que a algun iluminado con mala conciencia, chamese occidente, decidiu montar alí un estado da nada, sen pobo... e agora pasa o que pasa. E aínda xuredn ultimamente de sectores do nacionalismo analfabetos funcionais que apoian un crime contra a humanidade, que asco me dan.
PALESTINA VENCERÁ!

Laurindinha dijo...

Ás veces pregúntome se os xudeus se lembran do que sufriron non hai tanto... Víctimas convertidas en verdugos...

ElSenhor dijo...

David convertido en Goliath.
Un pueblo marcado por el genocidio intentando cometer otro genocidio.
De la historia hay que aprender.
Pero el odio es lo que tiene.
El odio y el anteponer tierras, fronteras y religiones a personas.
Buen texto raposo.
Me gusta leerte ...

Raposo dijo...

Doutora Seymour: A triste realidade é que se perden moitas pingas de sangue, as veces inútilmente.
Eu non son tan optimista, Xurxocimadevila. Oxalá vencera pero témome que Palestina perderá. E se algún día ten un estado propio será perdendo moitos dos seus dereitos, porque USA e Europa permítenlle a Israel todo tipo de falcatruadas.
Laurindiha: Se se lembran non o demostran.
Senhor: por desgraza da historia apréndese pouco e asi non vai.

Lúa dijo...

unha de moitas inxustizas neste mundo de hipocritas e soberbios...

kdklan dijo...

o curioso é que queren facernos a nos responsables con remordimientos... de vivir onde vivimos, de traballar onde traballamos, de ter o que temos, e a nosa unica responsabilidade é velo desde a barreira e ter a impotencia de poder facer ben pouco.

Anónimo dijo...

o curioso é que queren facernos a nos responsables con remordimientos... de vivir onde vivimos, de traballar onde traballamos, de ter o que temos, e a nosa unica responsabilidade é velo desde a barreira e ter a impotencia de poder facer ben pouco.

Zebedeo dijo...

Mentras haia xente interesada en que esto siga desta maneira non haberá solución. Nestes casos para vivir en paz teñen que ceder os dous e ninguén quere ceder. E se un cede un pouco o outro sempre quere máis e non cede nada do seu. Xa levan anos e por desgracia seguirán así outros tantos.

Anónimo dijo...

Certa cultura etnocéntrica, na súa velada inseguridade, necesita dunha continua afirmación frente ó mundo, sobra dicir de quen falamos. Lamentablemente a cor vermella e moi chamativa.
Bicos (se desta non chega o comentario síntoo, e a terceira vez que escribo o mesmo)

Raposo dijo...

Lua: lamentablemente neste mundo hai demasiadas.
Oquetencutenmedo: Europa (nós somos Europa) podía facer bastante mais. Eso é certo.
Zebedeo: Dacordo con vostede: a solución é dificil. Pero nos últimos 50 anos quen mais cederon e mais sofriron foron os palestinos. Eso hai que telo en conta.
Marta Fernandez: Chegou, chegou. Xa sabes, a terceira vai a vencida. Grazas por reintentalo.

Anónimo dijo...

Coido que son algo pesimista, xa que mentres nos sótanos do lobby xudeu de Wall Street (o "poder real" do capitalismo norteamericano) siga nesa dinámica de acabar cos palestinos, xamais rematará.