Ti sabes que esta noite non se fixo para perdela, que hai momentos máxicos que se non os aproveitas escórrense como area entre os dedos e xamais os volves a atopar.
Tamén sabes que cando o sol rache as tebras e comece un novo día todo se verá doutra forma: ti xa non serás tan fermosa nin eu tan simpático; as rúas poeirentas non serán autoestradas cara o sétimo ceo; esta desordenada habitación nada terá que ver co paraíso; e os periódicos de quiosqueiro madrugador seguirán ulindo a trilita e sobresaltos, falando da traxedia das pateras, da crise económica, de políticos corruptos e mortes por malos tratos.
Ti sabes que non podemos empeñar o futuro cun amor a fondo perdido de dúas persoas que vimos de volta dun camiño cara ningures, precisamente agora que a subida dos tipos de xuro poñen tan caro o pago da hipoteca dos sentimentos.
Tamén sabes que esta non é a nosa partida, que podemos gañar algunhas mans pero non tería moito mérito porque, o fin e o cabo, os dous xogamos ( e sabémolo) coas cartas marcadas.
Suxestión X - Adicado a Latorredelossueñosesmeralda -
Hace 3 semanas


29 comentarios:
"Cuando brille el sol te recordaré si no estás aquí, cuando brille el sol, olvídate de mi ...." Non sei si esta canción querería dicir o mesmo.
chegoume
fermoso
triste
a amargura do destempo
envíoche un aloumiño, se foches quen de escribir isto, necesitaralo
Xogar coas cartas marcadas case sempre leva un bó resultado ao final da partida; na vida real, como sigamos así, non ha de valer moito con que cartas xogamos.
Pero se xogas coas cartas marcadas...onde queda o azar??
Moi fermoso, pero é o que ti dis, si están marcadas, non ten moito merito gañar un par de mans,sempre e cando, estén marcadas ó teu favor, pois si non..
Os humanos sempre temos certa tendencia a entender millor as cousas do desamor. O amor puro supéranos e convírtenos en suxetos irracionales e irreflexivos. De aí, que moita xente lle teña verdadeiro pánico ao amor e prefira xogar coas cartas marcadas.
Non sei, digo eu, tampouco me fagas moito caso porque eu amo cos ollos pechados e coas mans abertas.
Xúroche que hoxe aínda non bebín :-)
Bicos e apertas.
ganhar nom sempre é o importante... nas cartas e no amor ás vezes compensa máis o sorriso do outro. beijos
A importancia de otorgarlle atención a cada intre é indiscutible, non se repiten, non voltan...
Unha aperta raposo.
:)
Coñezo perfectamente esa sensación de que unha relación ten data de caducidade...pero aínda así é tan difícil por punto final.
Sempre se dixo que o importante é participar, coa vida o importante é vivila...non importa tanto gañar ou perder
Bicos
se non te achicas e asistes sempre ó pao, ás veces, de pouco valen as cartas marcadas, un cae engaiolado no xogo.
xa que temos as cartas marcadas, aproveitemos que non podemos perder...
demasiado
e ainda que loitando, aprendamos a desfrutar diso que a vida nos regala....
un placer leer o que produce esa cova en ti apertas irma raposo
No amor e nas cartas dísfrutase tanto gañando como perdendo....
bico.
o importante non é gañar, é xogar.
Eu prefiro xogar coas cartas sen marcar, a emoción mentres que a levantas merece a pena, igualmente pasa coa vida, as sorpresas alédannos o día. Apertas
Di aquela canción de Loquillo que a mín tanto me gusta:
"Si quieres marcar mis cartas, me conoces muy mal, mira al cielo y verás mi estrella brillar y brillar"
unha aperta
Saber xa de antes cara a onde vai ir o xogo; empezar sabendo ata onde imos chegar. ¿E que é posible non pensar así cando se xogaron moitas partidas?
Perguntome se sería posible recobrar a inocencia, que o dia o disipar as sombras non mostrase a realidade, ou que a realidade fose outra...
mo triste o texto, raposiño. Ou a mín parecemo. Por contraposición a inxenuidade e a loucura
que razón....apertas
tchsss!! ainda non hai entrada nova!
:p
saudos.
To be or not to be...isa e a cuestión,compañeiro.Apertas e moito moito LK (en vran cunha pedar de xeo)
ben, pois eu tamén me apunto ás mostras de consolación.
...enfín
Saúdos e parabéns polo escrito (que é o que conta)
se as cartas están marcadas poder chegar un dia no que non gañe ningún dos dous.
Hola, soy d´Agolada en mi nuevo blog, pásate a visitarlo si te apetece. Saludos
Prefiro xogar con elas sen marcar... nunca sabes o que pasará! e moitas das veces o prefiro así! ;)
Que mais da que estean as cartas marcadas, o caso é xogar.
As cartas poden estar marcadas pero sempre as pode levar o vento e aínda por riba non é difícil caer no tan ben coñecido por todos "fallo humano". En fin, que nunca se sabe...
Bravo, Sr. Raposo. Pero sinceramente bravo.
Apertas.
o Sabina de Barantes
o sabina de barantes
Publicar un comentario en la entrada