Entónacabarei buscándote no fondo dunha caña de cervexa como si fora tan doado chegar ata ó cristal, e tocarte e rescatarte, esperar un xesto, un sorriso, bicarche un anaco de pel, rastrexar o teu recendo ou perder a miña timidez entre as túas mans.
E o final
descubrir que a cervexa non está fría, que os xestos son acenos perigosos, que te escapas como o horizonte, que o recendo esvaécese na distancia, que o cristal, as veces, pode ser unha fronteira na que nada é o que parece e os aduaneiros non están pola labor de levantar as barreiras que se empeñan en complicarnos a vida.