
Velaquí un home que ven de territorios perigosos. O amencer tingue de roxo os campos e os cans ladran nas rúas escalazadas.
Velaquí un home escorrentando o medo á procura do destino. Os pardais fican á sombra. Nada se move. Hai soidade nas pucharcas e unha poeira vedraña cubre os carrouchos. O día pasa lento.
Velaquí un home buscando nas tebras da noite a coraxe e o rixo necesarios para facer o último disparo.
11 comentarios:
Gústame o texto. Moi visual e moi ben descrito o ambiente. Logras transmitir esa lentitude que percibe o protagonista, eses momentos que preceden a un mal agoiro ou unha desgraza.
un abrazo.
Deixas coas ganas de saber cómo será o seguinte intre.
Moi boa entrada.
Apertas
Un texto que da moito que pensar, de feito estiven esta mañá e non deixei comentario porque me deixou sen saber que dicir.
Bicos
inquedante...?
Sen violencia, sen rematar..eu que ando bucólica penso que ten unha cita secreta(aínda que sexa co destino). Bicos
nas tebras da noite ou baixo a cegadora luz do sol,
cantas veces andamos buscando a carraxe necesaria para facer ese último disparo...!
(estes textos teus curtiños e tan suxerentes, moito me gustan)
Buscar o último disparo... Para matar que?
Hai tantas cousas que sobran que un único e último disparo non chega para acabar con elas!
As tebras arredor non son máis que unha prolongación das tebras que leva dentro.
¡¡¡Dios, que buen ambiente se respira en este blog!!!! Solo para recordar al Raposo que hoy se cumplen 200 años de la muerte de Jovellanos, hombre de su tiempo, que dejaría a los políticos actuales en pelota. Además, si viera la recomendación de NO al maltrato animal de más abajo, su peluca saltaría de alegría. Por aquí tomaremos una botella de sidra en su memoria y la de aquellos sus admiradores que están fuera, por la terra galega. Un abrazu perfuerte:
Asturies Irredenta (anque cada vegada menos...)
Asturies Irredenta: Ya quisiera esta caterva de políticos impresentables, corruptos y vividores que nos malgobiernan tener la mitad de honradez, la tercera parte de ética y un cuarto de la lucidez mental y el sentido común del gran Jovellanos. Ya quisieran!
Un abrazu amigo!!!
Bos días amicus:
Raposo, só a crave do tal relato, posiblemente, podería estar na parola derradeira. Ninguén que empuñe arma calquera fai un disparo gratuíto, ninguén. En situacións así podería ser un disparo cara a si mesmo. Suicidando o interior a través o exterior. Ou se exprica, como din os bebedores, tomamos a penúltima, ou certamente se afirmamos dicir o deradeiro é que ese se autorrealiza. Se tivese intención de vivir, entón nunca podería aseverar que ese disparo fose o derradeiro. Só se é o derradeiro cando se ten a seguridade de que o vai a ser. E iso doe, ademais de coraxe que debe terse pra tal mester.
Dá gosto ler algo tan ben escrito en tan poucas parolas. Pero produce congoxa por un remate imaxinado de aturuxadoiras consecuenzas, sexan estas propias ou alleas.
Ata lémbrame ao tremendo e falso proceso 1021. Aquel manipulado, prexuicioso, interesado e cargado de inquina e maldade brutal proceso.
Ver a un home ou muller empurrando a súa propia congoxa sen que ninguén o anime a continuar vivindo é e deixa moita amargura no caminho, ou carroucho, propio e alleo.
[Manda carallo vintenove, a parola a por é: conate...que o votou?]
Excelente, xenial.
Breves saúdos
Deica logo amicus...
Publicar un comentario en la entrada