SINOPSIS:Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.
Desta volta os números van do 21 o 30. A destacar: 21 GRAMOS un crebacabezas no que os fragmentos van encaixando ata converterse nunha obra maxistral (”¿Canto pesa a culpa? ¿Canto pesa a vida? Din que todos perdemos 21 gramos no intre exacto da nosa morte”), excelente película dun director que xa nos sorprendera gratamente con AMORES PERROS; e 27 HORAS, non é das mellores de Armendariz pero sabe captar o desencanto da xuventude dos oitenta que se movía entre o pesimismo, a desconfianza do futuro, as drogas e a marxinalidade.
· 21 GRAMOS (Alejandro González Iñárritu, 2003): Sean Penn, Benicio del Toro, Naomi Watts, Melissa Leo, Charlotte Gainsbourg.
· TRAMPA-22 (Mike Nichols, 1970): Alan Arkin, Jon Voight, Orson Welles, Anthony Perkins, Martin Sheen, Paula Prentiss.
· A 23 PASOS DE BAKER STREET (Henry Hathaway, 1956): Van Johnson, Vera Miles, Cecil Parker, Patricia Laffan, Maurice Denham.
· 24 HORAS EN LA VIDA DE UNA MUJER (Laurent Bouhnik, 2002): Agnes Jaqui, Michel Serrault, Berenice Bejo, Frances Barber, Clement van der Bergh.
· 24.7 (Shane Meadows, 1997): Bob Hoskins, James Otón, Danny Nussbaum, Bruce Jones, Annette Badland.
· LA HORA 25 (Henri Verneuil, 1967): Anthony Quinn, Virna Lisi, Michael Redgrave, Marcel Dalio, Gregorie Aslan.
· JONÁS, QUE CUMPLIRÁ LOS 25 EN EL AÑO 2000 (Alain Tanner, 1976): Jean-Luc Bideau, Jacques Denis, Roger Jendly, Dominique Labourier, Myrian Boyer.
· ZATOICHI 26 (Shintaro Katsu, 1989): Shintaro Katsu, Kanako Higuchi, Takanori Jinnai, Yuya Uchida, Ken Ogata.
· 27 HORAS (Montxo Armendariz, 1986): Maribel Verdú, Martxelo Rubio, Ramón Barea, Antonio Banderas, Silvia Arrese, André Falcon.
· 28 SEMANAS DESPUES (Juan Carlos Fresnadillo, 2007): Robert Carlyle, Rose Byrne, Catherine McCormack, Jeremy Renner, Emily Beecham.
· 28 ½. (Mamoru Oshii, 2011): Erika Okuda, Masahiro Sudo, Momoko Tanabe.
· RUTA 29 (Nicolas Roeg, 1988): Theresa Russell, Gary Oldman, Christopher Lloyd, Colleen Camp, Sandra Berndhard.
· 30 SEGUNDOS SOBRE TOKIO (Mervyn LeRoy, 1944): Spencer Tracy, Van Johnson, Robert Walker, Scott Mckay, Robert Mitchum.
7 comentarios:
A verdade é que só coñezo dúas de toda esa lista.
Bicos
Impresionante "21 gramos". As outras non as coñezo. Terei que tomar nota.
Saúdos.
Dilaida, Concha L. F.: de todas elas a única imprescindible e "21 gramos", as outras si non se ven non pasa nada.
Saúdos en tecnicolor!!
Menos mal que o dixeches porque eu só coñezo a de 21gramos, pero veise que és un gran cinéfilo.
Saúdos.
Como di Concha: haberá que tomar nota.
Es unha enciclopedia. Para buscar cinema, en troques do Google, mellor enlazar co Raposo!
neste caso tamén vin 21 gramos.
pareceume impactante.
e o papel dos actores maxistral. sean penn non podía estar mellor
Publicar un comentario en la entrada