martes, 26 de abril de 2011

JAVIER KRAHE EN VIGO

Ten un certo aire a profeta desencantado. Nunca foi un superventas, nin encheu estadios de fútbol. O seu son os locais pequenos e un público fiel que o segue ano tras ano.
E un cantautor de minorías que gusta das rimas e as súas cancións din moito máis do que parecen a simple vista. Curioso, escéptico, burlón, fumador empedernido, irónico, irreverente, sagaz, Javier Krahe actúa este xoves 28 en Vigo. Haberá que velo porque....

domingo, 17 de abril de 2011

ESTRAÑOS SON OS CAMIÑOS DO SEÑOR



Tentaba o cura colgar un crucifixo na parede. O martelo, violento por natureza, mallaba con forza na cabeza do cravo ata que por causas descoñecidas desviou a súa traxectoria e foi machucar o dedo polgar da man esquerda que suxeitaba a punta. Hostia en Dios!!! berrou o crego, adoecido.


Banda sonora: Javier Krahe, Los caminos del Señor

miércoles, 6 de abril de 2011

XOGANDO A PERDER


porque son un animal de paso

furando polas regañas da noite

non esperes bágoas nin despedidas,

nin sequera un húmido bico

que lle dea sentido a este escuro e ardente desexo;

porque son silandeiro,

esvaradío e furtivo,

faite a idea

de que pasarei pola túa vida

sen demasiada pegada.