Agora que estamos de volta de nadabaixo a costa de xaneiro
buscando refuxio na intemperie.
Porque estamos de volta de nada, ruliña,
remexo nas rebaixas á procura
dun sorriso que me protexa da friaxe,
uns zapatos para desandar a crises,
un buzón de voz onde gardar
os silencios que non sei escribir,
un mapa do teu corpo,
un espello no que envellecer xuntos,
un pasaporte para viaxar a república dos soños,
un rock and roll que inxectar as veas,
un catálogo de antídotos contra a ausencia
e un reloxo de peto no que descontar as horas
que faltan para verte.
8 comentarios:
Teño a seguridade de que eses versos gustaron a quen foi inspiración deles. E seguro que ese "remexer nas rebaixas" arrincará algo máis que algún sorriso...
Apertas
A miña curiosidade fai dúas preguntas: atopou o que buscaba a bo prezo? e... había moita xente buscando o mesmo?
Un saúdo
PD. Atopei unha mensaxe no meu contestador, pero xa pasou tanto... Agardo que saiba perdoar :)
Gustoume este poema redondiño.
Eu tamén quero un pasaporte para viaxar a república dos soños.
Qué bonita palabra:" ruliña".
bicos .
De principio a fin, non ten desperdicio. Todo encaixa á perfección...
quero eu ir a esas rebaixas! (non ás que di Chousa, jaja)
a min tamén me encantaron eses versos, aínda non ser a inspiradora.
tes ese puntiño que me recorda a Sabina, perdona se el non che gusta :-)
Vaia poesía !. Só lle falta música.
De volta de nada, de volta de todo. Non hai nas rebaixas tan fermosos versos, declaración de intencións, de viaxes e futuros.
Deixo, pois, os silencios porque non hai unha palabra, ou dúas, coa que fotografar os sentimentos que producen as túas.
Donas e cabaleiros, grazas pola visita e os eloxios.
E remexan, remexan nas rebaixas que as veces atópanse cousas interesantes.
Apertas.
Publicar un comentario en la entrada