Loitaron desde sempre, desde dentro, en campo aberto e corpo a corpo. Avanzaron e recuaron pelexando por cada centímetro cadrado de pel. Ninguén deu o seu brazo a torcer.
Non se decataron de que hai guerras que so gañan os desertores.
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
4 comentarios:
Desertar ao mesmo tempo, coa mesma paixón, nos mesmos beizos, non é empresa fácil ;)
Unha aperta
e que, realmente, nunha guerra non ganña ninguén... e menos se son guerras corpo a corpo,
corazón a corazón.
ten lindas vacacións...!
Ninguén máis valente ca un desertor. Un saúdo
Publicar un comentario en la entrada