miércoles, 22 de febrero de 2012

WYOMING (Y LOS INSOLVENTES)

Aparte de presentar na Sexta “El Intermedio” (un dos programas máis recomendables de toda a oferta televisiva), O Gran Wyoming é médico, actor, escritor, músico, guionista.
Irreverente, lúcido, cachondo, caústico, showman, este madrileño tamén ten un grupo de rock chamado Wyoming y los Insolventes. Este venres, 24 de febreiro, actúan en “El Ensanche”, Vigo. Si vos pilla cerca e tedes tempo ide a velos. Vale a pena!

miércoles, 15 de febrero de 2012

VENDETTA





O longo dos anos Garzón labrouse un bo número de inimizades. Eu pensaba (inxenuo de min) que eses inimigos eran os corruptos, traficantes, mafiosos, terroristas e delincuentes en xeral que o xuíz con tanto empeño perseguiu. Pero parece que tamén os ten dentro do sistema xudicial, na súa propia casa, e xa se sabe que non hai peor cuña ca da propia madeira.
So así se pode explicar esta campaña de denuncias, de acoso e derrubo, que deixa unha sensación de conspiración, de axuste de contas, para quitar do medio a un xuíz que para certos sectores resulta demasiado incómodo.
Como senón se pode explicar que por esa inmensa trama de corrupción que é o Gurtel o primeiro condenado sexa o xuíz que a investiga?
Como senón se pode explicar que polos crimes do franquismo se acuse a quen busca os corpos da vítimas?
Parece como si o veredicto estivera decidido de antemán: había que darlle un escarmento e si polo dos Tribunal Supremo fora Garzón sería declarado culpable do cambio climático, da transmisión da gripe A e da morte de Manolete.

Algo cheira a podre na xustiza, algo vai moi mal. E agora veñen os membros do goberno, a portavoz Soraya Saenz de Santamaría, a portavoz do Consello Xeral de Poder Xudicial, e dinnos que hai que respectar a sentenza.
Pois non, hai que acatala porque non nos queda outra, pero non hai porqué respectar o que se considera inxusto. Eu a considero inxusta, moi inxusta e, xa que logo, non a respecto, nin a sentenza nin os compoñentes do Tribunal Supremo que a dictaron. Estes individuos danme noxo e sinto por eles un total desprezo e os maldigo. E van ter sorte porque son un bruxo moi torpe e as miñas maldicións rara vez teñen efecto. Senón íano pagar caro.
Que ninguén pense que lles desexo a morte, non, para nada. Pero si de min dependera expulsaríaos do Tribunal Supremo porque non son dignos dese posto, poñeríaos a limpar retretes que coido que é un traballo máis acorde coa súa conciencia, e padecerían para sempre dunhas almorrás superdoorosas.

jueves, 2 de febrero de 2012

VAI SER COUSA DE PRIMOS

Eu cada vez o teño máis claro: nin José Luis Rajoy nin Mariano Zapatero, o único que pode meter en cintura á prima de Risco é o primo de Zumosol.