domingo, 18 de agosto de 2013

UNHA VISITA INESPERADA

Sobre as 11 da noite estábamos nas hamacas desfrutando dunha noite estrelada e unha temperatura moi agradable cando, aproveitando que a portada estaba aberta, un raposo entrou no patio curioso e decidido. Pensei que se asustaría ó vernos ou ó falarlle, pero non. Indiferente o ser humano recorreu o patio, inspeccionou as cortes e o despoboado galiñeiro, andou o noso arredor, permitiu que lle sacase esta foto co móbil, e cando lle pareceu ben marchouse, un pouco amolado, iso si, porque no seu rastrexar non atopou nada que levarse os fociños.