sábado, 13 de enero de 2007

¿ONDE ESTÁ DEUS?

¿Onde está Deus? Pregúntame inquedo un yonki no ascensor. ¿Ónde está Deus? Cavila, con ollos cansos e tristeiros, o vendedor de panos perante do semáforo vermello, Travesía de Vigo esquina Antón Beiras. ¿Qué onde está Deus? Mirádeo. Deus está detrás dos cristais blindados das entidades bancarias. Deus está en Wall Street apoiando os traficantes de accións. Deus está nas balas que apuntan o centro da nosa soidade. Deus está enfrontándose ó xadrez con Satán (mísiles de cachola nuclear Scud e Patriot por riba do taboleiro). Deus está analizando, dende un ordenador portátil, as cifras de mortos de fame cada día no mundo e sacando pola impresora uns gráficos en cores moi apañados. Deus está subornando a un policía co recoñeceu nunha redada antidroga nun casino nas aforas de Barcelona. Deus está ó volante dun BMW suicida (unha botella de Jack Daniels media baleira tirada no asento). Deus está a piques de revisar con San Pedro as contas paralelas do Vaticano, esas onde se detallan as doazóns dos fillos de puta a cambio dun billete de primeira para o ceo. Deus está fronte o mundo. Coidado, agocha unha arma no bolso e ten as mans manchadas de sangue. Deus está borracho. Quizais por eso a terra dá voltas. ¿Onde está Deus? Pregúntame lasciva a putiña barata que aluguei por unha hora mentres acende un pito na cama e miro fixamente o cerco violáceo das súas mamilas. ¿Qué onde está Deus? Déixate de lerias que eu sonche de Sober.

19 comentarios:

19891006 dijo...

We want to make friends with the stars? Click here We all together toturn friends

||YO MesMo|| dijo...

Deus absconditus!

Que dios detrás de Dios la trama empieza?

Es la tercera vez que utilizo el verso de Borges en uno de mis textos. Es realmente grandioso!

Buen Blog! aunque algunas palabras no las entiendo, en general pude descifrar el contexto.

Saludos!

Anónimo dijo...

jajaja! meu! moi bo raposiño! hoxe nótase que s´´iches da cova ben esperto e sen "a Biblia"!!
moralla
apertas

Xurxo dijo...

eu a deus em sober nunca o vin, e por panton tampouco anda, se cadra en rivadavia ou washington, no porrinho ou en bertamirans.. quem sabe se esta xogando o tute con don benito e dona paca....

p.d. moi bo, inspiroume istes versos. um saudo desde panton a compostela!

moucho branco dijo...

En materia de deuses todo é bufet libre de autoenganos. Eu por iso prefiro debatirme entre Odin e o Monstro voador de Spaghetti.... nunca tiven boa relación do deus cristián, é un mal becho...

un saúdo.

Rafa dijo...

Eu son creyente, Creo que Deus non existe.
¿Onde está deus? Non está, e fácil.
E de paso, cárgome de supeto una morea de teimas que tería se pensase que pode existir.
Apertas.

náufrago dijo...

Ou sexa, que o da omnipresencia vai en serio.

ElSenhor dijo...

Dios se marcho cuando vio la burrada que habia creado.
Es lo que tiene no querer afrontar las consecuencias de tus actos.
Gran post raposo ...

Zebedeo dijo...

Deus también lleva una contabilidad B

A Deus

O Raposo dijo...

A YO MESMO: Gracias por visitarme desde esa tierra, Chile, tan lejana pero tan hermana. Una de las cosas buenas que tiene la red es que no existen las distancias.
Saín da cova, saín, MORALLA, e sen Biblia pero co Santo Grial e ben enchediño de viño de Amandi.
XURXO: ¿E non andará por Ferreira, facendo a ruta do románico? Hai que estudiar esa posibilidade.
MOUCHO BRANCO: hai deuses que che están ben. Por exemplo, o deus do rock, e non falo de Elvis, falo de ACDC.
RAFA: A min pásame o mesmo. Son creyente igoal ca ti.
Si, NAUFRAGO, ten o don da omnipresencia e da ubicuidade, e así vai este mundo.
Si se marchou ou fuxiu, ELSENHOR, e mellor que non volva. Para o que vai facer!!
Do da contabilidade B non che hai dúbida, ZEBEDEO.

Grazas a todo-as.

Torreira dijo...

Este Deus...xa podia tomar un pouc de LK para non andar facendo das suas.
Saúdos

Marinha de Allegue dijo...

Caramba medo me da!!!Onde está logo?, apareceu??.

Unha aperta.
;)

O Raposo dijo...

Pero o LK que sexa caseiro, eh torreira, caseiro por favor.
Marinha de Allegue:onte oín dicir que uns homes de negro o andan buscando para porlle a camisa de forza e devolvelo o siquiátrico do que fuxiu hai uns 20000 millóns de anos.

Danny Raatzke dijo...

jajajaja se vai ser que este deus anda toliño de todo, haber se o atopan e o emiten por televisión que eso dos anonimatos está pasado de moda, ainda que o de fuxir dos psiquiátricos...jajajaja

Sapoconcho dijo...

Todo iso fai/esta a facer deus? Mira que fai cousas!!! Algunha ben?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sen dúbida, Deus vive na illa de Arousa: ten unha empresa de construcción. Seica non lle saen moi ben as obras, pero el non desfallece.
Noraboa polo blog, veciño.

Moralla dijo...

RAPOSIÑO: ándate o lor, que seica andas en perigro de extinción!!
non coidaremos de ti...métete na coviña de cando en vez!
Un bico de Yoli

alberte dijo...

Deus esta en todas partes e en ningunha en concreto, porque non existe na mais que como negocio para someter os debiles.
Agora o negocio vai ben empezaron cun pesebre ou cunha carpinteria e non vexas ti....

Anónimo dijo...

AGARDAMOS POST, COMPAÑEIRO, BOTÁMOSTE DE MENOS, COIDAREMOS DE TI FÓRA DA COVIÑA!!
UN BICO
MORALLA ;-)