viernes, 2 de febrero de 2007

Conta atrás

Homes suicidándose en luxosas habitacións de ouro e alabastro.
Traficantes de soños fartándose en pantagruélicos festíns.
Os presidentes dos países ricos esquecéndose do Terceiro Mundo.
Ríos de sangue engulindo robóticas cidades.
Xenerais de ollada fera e encefalograma plano asinando sentencias de morte mentres de esguello miran ós seus netos rebrincar no xardín.
Executivos a controlar o mundo dende un teléfono móbil.
Satélites artificiais vixiando as teas de araña de amor nos parques.
Furacáns borrando as pegadas e a memoria de antigas tribos.
Mulleres vendendo o corpo e a alma por uns euros o un anaco de pan.
Avións bombardeando e abrasando o ventre esfameado de persoas que nada saben de xeopolítica, físicos argallando mísiles de maior potencia e o buraco da capa de ozono medrando cada vez máis.
Arrabaldes, galpóns, olladas de tristura baixo folerpas de esquecemento, suburbios onde non chegan as axudas oficiais, nin as cámaras da CNN, nin os coches de alta gama das autoridades incompetentes: sitios onde non hai lugar para a esperanza.
Imaxes dun planeta á deriva que agarda confiado a que alguén lle saque a foto (con dereito a premio) que confirme o inicio da conta atrás do desastre final.

9 comentarios:

OSIÁN dijo...

Non se entende a cegueira dos que promoven estos crímenes contra a humanidade posto que eles tamen están atrapados nesta voráxine de terror.
Un saudo

Anónimo dijo...

Certamente o mundo toleo e agarda pola revolución salvadora.

Anónimo dijo...

non sei como o planeta aínda non exterminou á raza humana..., somos especialistas en destruir

torredebabel dijo...

e mentres ainda pensamos que somos a raza mais intelixente, mais lista, mellor preparada para a supervivencia.

Zebedeo dijo...

Chegará un día no que o planeta se fate de nós, nese día revelarase e exterminaranos. Quen sabe igual fixo o mesmo cos dinosaurios, farto de soportar suas grandes cagadas exterminounos :)

Raposo dijo...

Moita razón tedes nos vosos comentarios e penso que o planeta, igoal que os seres humáns, tamén ten mecanismos de autodefensa e pode que algún día, como pensa Zebedeo, se canse das nosas parvadas e se rebele.

Moralla dijo...

Grazas a ti raposiño por facernos tamén reflexionar polas catástrofes autómatas nas que cae o ser humano.
Bicos
Yoli

moucho branco dijo...

tendo en conta a cantidade que o planeta terra existíu sen humanidade, sempre pensei despois da humanidade rexurxiría a terra, claro que igual subestimei a nosa capacidade de destrucción

Raposo dijo...

Moucho branco: certamente a nosa capacidade de destrucción é cada vez máis ilimitada e non sei se o planeta poderá aguantar.