jueves, 1 de marzo de 2007

HAICHE HOMES ASI

Chegan tarde do traballo, antes pasaron polo bar. Cean en silencio mentres na TV o noticiario do inferno fala de choiva de napalm nalgunha aldea illada e os nenos rebuldan e a nai tenta aturalos o mellor que pode. Saen do piso sen despedirse e procuran non atoparse na escaleira cos veciños. Xa no coche queiman km. de asfalto ata aparcar á beira dun puticlub nas aforas, territorio transgresor de incerta fronteira, cruce de camiños con curvas de muller onde corazóns a intemperie atravesan a noite, luces vermellas de efémera felicidade. Piden bebida e compaña, son fachendosos e rin. Non lles importa que os fillos se decaten da súa ausencia nin que a muller sinta o desamparo e a fame de cariño mentres fita a vista, atordada e triste, nas manchas de soidade que inzan as paredes do cuarto. Non, non lles importa. Eles tomarán tres ou catro whiskys, seguirán a rir, e acabarán pagando 90 ou 100 € por subir o piso de arriba con esa brasileira que (todo hai que dicilo) a moi puta está boísima.

19 comentarios:

Ra dijo...

Yo no dejo de verle el lado caricaturesco a esos "puticlús"(será por higiene mental el que prefiera enfocarlo en su versión cómica, claro). La triste metáfora vital de alternar literalmente en carreteras secundarias.
Saludo!

a randeeira dijo...

moitas veces a peor prostitución non está nos clubs de estrada, ás veces nin sequera é física.

XurxoCimadeVila dijo...

suscribome o que di a randeeira. Ademais penso que os puticlus fan, por veces, un servizo social.

O Raposo dijo...

Certo, Ra, hai un lado caricaturesco pero é por parte dalgúns clientes, nunca das rapazas.
Coincido co que din randeeira e xurxocimadevila: hai algo de servizo social nos puticlubs(as veces, fan función de siquiatras, calman o desacougo e a soidade), por suposto, a peor prostitución está fora, incluso amparada polos poderes fácticos.
Por certo, Xurxo, por algunha razón que se me escapa no poido deixar comentarios no blog de Pantón a Compostela. Que conste.

RAFAEL dijo...

Luceciñas roxas e amarelas na beirarúa, sombras "moi nejras" no corazón.
E por certo que si, a bahiana está moi boa.
Saudiños, Raposo.

Arale Norimaki dijo...

O exército ruso incorpora prostitutas en moitas das súas misións e seica esta medida xa aforrou cheas de violacións. Moita xente está en contra da legalización da prostitución, eu penso que é o único xeito de que perda ese halo de sordidez e arruine tantas vidas por mor das mafias. Ou senón a facer como en Suecia onde se erradicou a prostitución e incrementouse a promiscuidade da poboación. Non é mal plan.

moucho branco dijo...

Isto sí que daba unha boa película de terror. Revolvéuseme o estómago e todo.

Torreira dijo...

A de Arale é unha opción que non valorara...A dobre moral desta sociedade nacional-católica lévanos a prohibir no Parlamento aquelo que moitos consinten e incluso practican-amparan.
Este é o Pais que hai

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

PUFFFF ODIO A ESOS HOMBRES ASI, ESPERO QUE NO ME TOQUE NINGUNO....

ElSenhor dijo...

Es que una Brasileira es una brasileira Raposo amigo.
Esas garotas de ipanema.
Estoy de acuerdo con Arale.
Propongo una orgia blogistica.
El sitio sera a cova do raposo.
SalU2 ...

O Raposo dijo...

Ben expresado o contrasentido dos cores, Rafael.
Moucho branco: película de terror non sei, pero o Manquiña daba ben neses ambientes.
Non sabía ese detalle do exército ruso. Grazas pola información, Arale. Por certo, se incorporan esa idea a España o mellor aumentaba o número de solicitudes
para as Forzas Armadas. Haberá que comentarllo o ministro.
O da dobre moral, Torreira, e algo que xa leva séculos na nosa sociedade e vai ser dificil, por non decir imposible, librarnos desa lacra.
Oxalá non che toque, Lúa; sei que tu mereces moito máis.
O da orgía blogística pode estar ben, senhor. A ver que opinan as femias. Eu por si acaso vou ir encargando as bebidas.

X dijo...

A sordidez do post retrata moi ben un tipo de cliente, claro que os clubs de estrada de farol vermello só dan acubillo a un determinado tipo de prostitución, ao máis "cutre". Hai outros, que nacen ao abeiro de congresos, reunións de traballo, etc., que trocan os cuartos de media luz por expléndidos cuartos de hoteis céntricos con vistas panorámicas e que reducen os estalidos de denuncias progres a simples sorrisos cómplices.

Marinha de Allegue dijo...

Concordo co que din a Randeeira e xurxocimadevila hai moitos tipos de prostitución.

Danny Raatzke dijo...

pois si, eu tamen creo que hai moitisimos tipos de prostitución.

XurxoCimadeVila dijo...

creo que o problema en De Panton a Compostela xa esta solucionado.. era un problema mecanico... esperemos que non volva pasar....
en canto o tema da prostitucion, dicir que seica é un dos oficios mais vellos do mundo e que mentras exista o ser humano é probable que exista. hai moitos tipos de prostitucion e o peor deles é aquel onde non se vende un corpo, onde non se vende ningun tipo de amor por catro cadelas, esa penso que cando o ofertante o fai voluntariamente é un servizo social que a administracion deberia regular. pero a peor prostitucion e a que vende a conciencia, a xente, etc. por poder, cartos ou o que sexa, é unha prostitucion dificil de encadrar ou definir...

zuco dijo...

as mulleras dos locais de alterne estan totalmente desposuídas de dereitos: son escravas.
os homes que acuden a estos "servizos" son unha parte visible dunha mentalidade machista e cruel cas mulleres. tamén, a sociedade é hipocrita xa que xulga con maior severidade á protituta que a súa clientela.

O Raposo dijo...

Parece que estamos todos dacordo: hai moitos clases de prostitución e todas moi censurables.

encompostela dijo...

grande descripción, e triste tamén, como os clubes por dentro (supoño)

X dijo...

Tampouco se trata diso, non todos os tipos de prostitución son censurables, non cre?