lunes, 12 de marzo de 2007

O MUNDO VAI BEN


Cárceres kafkianas en limbos xurídicos, persoas humilladas e denigradas, detidos sen ningunha acusación e sen ningún dereito. Digamos que estou a escribir de Guantánamo.
Demasiados rambos esnaquizándonos a vida a cotío; Aznar minimizando os seus erros en política internacional aínda que estes custaran decenas de miles de mortos (quizais porque nunca leu o verso “os fantasmas e o pasado no poden ir moi lonxe”); para o sangue vertido en Sarajevo ou en Srebrenica tampouco hai xustiza. A historia da infamia empéñase en repetirse.
Xenerais de ollada fría seguen buscando guerras onde ceibar exércitos ociosos, e Irán no punto de mira.
Os nenos morrendo de fame en medio mundo mentres Ferrari e Renault quentan motores en calquera circuíto.
Androides fora de control vixían as fronteiras do espacio interior dos nosos pesadelos.
Os anxos da garda están de baixa por depresión incapaces de aturar o fedor dos despachos oficiais, as manifestacións baseadas no engano e na manipulación (hai que ser moi miserable para pensar que todo vale con tal de regresar o poder), os refugallos da metralla, sobrecarga de odios , voos clandestinos, demasiadas democracias viaxo sospeita.
A globalización acósanos, as almas véndense nos cruces de camiños, a poesía dos andamios non pode coa especulación do tixolo e un centro comercial ofrece 200 productos a prezo de custe.
Si, si, o mundo vai ben pero antes de firmar fíxate na letra pequerrecha do contrato.
Mira o teu redor e sentirás vergoña”, cantaba Neil Young . Eses versos nos setenta amosaban o desalento e a fatiga dun milenio que esmorecía. Escoitados agora teñen algo de proféticos.

24 comentarios:

dorvisou dijo...

Vamos a contar mentiras, tralará... Só che faltou o estribillo, raposinho. Esa é a triste realidade e anque queiras pasar dela non podes porque estás atrapado...

a randeeira dijo...

Nunca a mentira e o odio tiveron tanto poder sobre a humanidade ou tal vez non nos demos de conta ata o de agora

Moralla dijo...

O mundo vai ben...ao revés e como queren algúns cabróns.
Un bicazo, raposín
Yoli :-)

Patrieira dijo...

Ai! é o eterno retorno...

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

O mundo vai ben... para os que teñen piscina no xardín.

Oskiña dijo...

Eu cada vez que penso nestas cousas só me vén á mente a necesidade do que falan na canción de Amaral: "Revolución, éste es el día de la Revolución". Pero deseguido tamén penso que despois dela, o home voltaría a caer nos mesmos erros.

A verdade é que o mundo vai de puta pena e todo isto terá que explotar algún día.

Joder, qué optimista me quedou o comentario.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Xa non é so "vamos a contar mentiras trailará", e que vivimos dentro da mentira e cando asomamos
o nariz fora apesta nos si?

FraVernero dijo...

Bon, ninguén dixo que vivísemos no mellor dos mundos posíbeis... ou quizaves sí. Creo que foron Fukuyama e Felipe González.

Canto máis alto chegamos, máis outo chega tamén a nosa sombra, e ata o momento somos ben malos en librarnos dela...

torredebabel dijo...

a mentira sempre tivo poder. A nós, que vivimos hoxe, seméllanos que é hoxe pior ca nunca. Pero sempre houbo e coido que sempre haberá, tristemente...

RAFAEL dijo...

Siiiii, vai ¡¡Vai ben de carallo!!
Por iso andas ti agochado na cova onde mellor se pode estar.
Saudiños, paisano.

moucho branco dijo...

Eu sobre isto son pesimista, penso que o mellor que poderíamos facer é negociar co asteroide que provoque a próxima extinción a ver se non lle molesta vir un pouco antes.

Ra dijo...

No es que en todos los casos cualquier tiempo pasado haya sido mejor...pero buena prueba es la canción de Neil Young.
Necesaria reflexión, meu.
Besote.

O Raposo dijo...

DORVISOU: Non dixen o de contar mentiras porque esas xa as conta todas o PP e con eso penso que abonda.
RANDEEIRA E TORREDEBABEL: A mentira e o odio teñen hoxe mais poder ca nunca porque, entre outras razóns, a tecnoloxía permítelles chegar moito mais lonxe que antes.
MORALLA: Do revés e con moitos cabróns polo medio. Pero temos que resistir, Mo.
PATRIEIRA: Si, no fondo falo do que xa pasou antes e volverá a pasar, inevitablemente.
XM CARREIRA: Tamén vai ben para os que teñen contas secretas en paraisos fiscais, para algúns concellais de urbanismo ...
OSKIÑA: Pois xa temos a banda sonora do post.
RIFO I DE ZEUQUIRNE: A verdade é que cada vez apesta mais.
FRAVERNERO: Para min eso de que vivimos no mellor dos mundos posibles non é ningún consolo. Aínda que o diga Felipe Gonzalez.
RAFAEL: Certo, na cova estase ben, e tamén nesas praias as que aínda non chegou a sinrazón, a especulación urbanística, nin o poder de petroeuro. Falo, tu xa me entendes, de praias abandonadas.
MOUCHO BRANCO: Home, o de asteroide e moi drástico. A ver se o podemos amañar doutro xeito.
RA: Os cantantes comprometidos din grandes verdades. Mágoa que os políticos non lles fagan caso.

Grazas a todos-as por pasar por esta cova.

SurOeste dijo...

Este post gustoume moito, raposo.

xurxocimadevila dijo...

E mentras tanto ugio caamanho e giana rodrigues dispersados a espera de xuizo no quinto carallo mentras as suas familias se arruinan para ir a velos... asi é a vida, os dereitos son para que non os usa ou para quen non os reclaman. sinto raposo, hoxe precisaba falar contra a dispersion mais ala de estar de acordo co que fan os dispersados ou non. e por dicir esto para alguns seica son un terrorista... menos mal que a dispersion a prohibe a constitucion.

Zebedeo dijo...

O mundo sigue coma sempre en mans duns cantos que baixo a única bandeira do interese persoal fan e desfan o seu antoxo. Como ben dis o gran Neil Young xa tiña razón nos 70 (e siguea tendo agora).
O único que podemos facer e aportar noso pequeno gran de area para facer deste mundo un lugar un pouquiño más habitable.

O raposo dijo...

Gústame que che gustase, Suroeste.
Non o sintas, Xurxocimadevila, hai que falar do que máis nos apetece.
Totalmente dacordo, Zebedeo. E eses poucos non están dispostos a a soltar a presa nin a compartir cos demais parte dos seus privilexios. ¿teremos que quitárllelos?

Arale Norimaki dijo...

Grande post e grandes verdades. Namentres, uns fan e outros desfan, moitos viven das mentiras, outros de cóstas ás crúas verdades e outros simplemente tratan de sobrevivir...

XurxoCimadeVila dijo...

cal é a verdade? sempre hai quen sufre é uns mais que outros, hai quen sufre e quen agoniza, penso son escalas do sufrimento ou da mal vivencia pero nunca se esta contento sempre. as veces consolamonos con que sufrimos menos que outros, como di sabina con mais de cen mentiras....
Di sabina qué... "era tan pobre que no tenia más que dinero"
eu se che digo a verdade prefiro a coherencia a verdade.

XurxoCimadeVila dijo...

ah! sempre nunha coherencia ben entendida, porque hitler podia ser moi coherente pero...

O Raposo dijo...

Reflexache a actualidade perfectamente, arale morinaki.
Xurxocimadevila: a coherencia e unha boa virtude se vai acompañada de outras; se non pode ser ata unha aberración (o exemplo de Hitler é válido).

martafernandez dijo...

Hai nunha inmensa cidade
un grande moimento erguido
que agarra un facho encendido
alumeando a humanidade
do combustibre do facho
quixera saber o nome
Pois a impaciencia me come,
Xan Xusto, dime a verdade:
¿Que é o que queima a Liberdade?
Queima...!Os dereitos do home!
Autor:Guillan Hermo

sarampelo dijo...

A mentira xa non pode chegar máis lonxe. Se a alongan un pouquiño máis esa puta mentira na que vivimos, o mundo estoura. Pero os que están nesa corda, xamais chegan a rompela, senón comezaría a "crise do capital", e iso o sabe eles moi ben, xogan conosco como se foramos años. Ou entras pola tira, comes as mentiras e tragas, ou a tes clara.

XurxoCimadeVila dijo...

non é asi. a xente aguantara mentras coma, cando xa non quede que comer sera cando a corda rompa, mentras olvidate. senon fixate en todalas revolucions da historia e porq foron.