domingo, 18 de marzo de 2007

Homes, loiras, coches

Pola noite os coches fican
no seu soño de buxías e aparellos
tralas portas metálicas de anónimos garaxes.

Pola noite hai homes que traballan a reo
e loitan contra a fatiga e súan
e remoen pensamentos confusos, gastados,
mentres as mans, mecánicas, fan o seu labor.


E fermosas loiras de tacón alto
déixanse querer na barra dun nigth-club,
déixanse espir por olladas famentas
e o que pasa despois ten un prezo,
e todo calculado, ata outra cariño,
volve pronto, e que te fodan pailán.

Pola cativa luz do abrente
veñen os homes cansos de traballar
(cigarro fumegante nos beizos)
e veñen as loiras de tacón alto
(aferrándose a soidade do seu bolso)
mentres vai espertando a cidade
e volve a seu rebumbio de présas,
croisans, colexios, nenos, estoupidos.

Mentres os homes cansados dormen
e as loiras desmaquíllanse diante do espello,
nas rúas os coches quentes de paixón
adícanse o seu: pelexan
por cada metro cadrado do asfalto
coa terquedade que lles é propia
a eses monstros de aceiro sen piedade.

20 comentarios:

RAFAEL dijo...

¡¡Moi bo, Raposo!!
Certamente, coma creo que ti dis, un non sabe quen e mais monstro de aceiro sen piedade, nos ou eses coches.
Saudos.

Moralla dijo...

Moi moi orixinal e reflexivo raposiño.
Sácanse boas ideas de entre os matorrais e as carqueixas, no si?
Unha aperta
Y ;-)

martafernandez dijo...

ruido,cansancio, loiras...!ai!
¿Cal será o verme que roe o corazón do noso amigo?

XurxoCimadeVila dijo...

É tan perfecta e fermosa, tan expresiva que como dicia becquer non pode encerrarse no mesquinho idioma. clava tanto a alma que non sei explicar o que me fixo sentir nese momento, no que estaba a sentir antes de lela algo polo estilo, ainda que sendo un sentimento o meu mais necio. o malo non é que a poesia sexa tan boa, o malo é o que che doia o escribila. Animo!

O Raposo dijo...

Posiblemente sexamos nos, Rafael.
Entre os matorrais un fai o que pode, Moralla, mesmo algún que outro poema.
Martafernandez: Non teño unha resposta clara pero sígoa buscando.
Xurxo: Penso que non é tan boa. Supervalórasme amigo, pero agradézcocho.

moucho branco dijo...

Non son o mellor analista de textos, por descontado, pero pola capacidade do texto de ser visualizado, sentido... me atrevería a dicer que é moi bó.

nOa dijo...

nós somos os monstros de aceiro que conducen máquinas...

ElSenhor dijo...

Pola cativa luz do abrente chega un raposo con alma de poeta ...

XurxoCimadeVila dijo...

Nom te sobrevaloro, es ti que te minusvaloras. Esa poesia gustame porque expresa moi ben a mensaxe e o sentimento que leva e eso é moi dificil por iso é perfecta... porque poucas veces se consigue, e non precisaches revolver a tortilla mil veces para facelo, fuches directo. As veces o mais dificil é facer que chegue adentro algo moi complexo.

XurxoCimadeVila dijo...

o dificil é facer o simple queria dicir... e non o que dixem... que putas idas de olla tenho.

Ra dijo...

He pasado más de una vez por aquí para detenerme a (re)leerla: Me dejó sin palabra alguna, así que finalmente opto por lo sencillo de decir que es PRECIOSA.

bagoas insomnes dijo...

polas noites non durmo
polas noites traballo,
e todo fica caladiño

polas noites a nostalxia e unha boneca de ollos negros e morriñentos de café que ven a facerte compaña

sabes? ai compañas que matan.
un saudo dende a noite

O Raposo dijo...

Agradezco o eloxio do xefe da república mouchuna.
Noa: o final descobrimos que nós somos, certamente, mais monstros.
Senhor: Eu diría mellor un raposo que busca ter algún día algo de poeta.
Xurxo: independientemente do poema, certo é que as veces facer o simple ten moito mérito.
Ra: Según Borges o que non se lee varias veces non merece ser lido nin a primeira. Asi que a tua relectura considéroa un gran cumplido. Grazas
Bagoas insomnes: A nostalxia é unha boneca ... fermosa imaxe e fermosas palabras.Hai compañas que matan, si, pero non todas.

Grazas a todos-as por enriquecer esta cova coas vosas verbas.

Nébeda dijo...

gústame. noraboa.


mmmm, vexo que anda moralla por aquí tamén. ;)

nonsonofeliaperopoderiaselo dijo...

Joder, hostia....
cómo duele
que te quiten
algo
que no es tuyo...
¿daño dices?
¿porque
teniendo todo el espacio
has ocupado
mi minúsculo
metro cuadrado?
¿porque teniedo tú
todo el tiempo
has jodido esos segundos
de recuerdos
en forma de caricias?
y
¡maldita luz encendida
que así
en dos segundos
me ha expulsado
del paraíso!
...que me ha desencajado...
...que me ha dejado ver...
el lado oscuro
de una sonrisa...
¿que te escriba?
¿para qué?
¿para soltar esta mierda?
¿para que me arrepienta
de estar
de madrugada
soltando lastre?
Lo dejo
pero no sin antes
pedirte perdón
y decirte que
T.W.es un puto
pringado...
y que te quiero
y que en este ciclo
es lo que toca...
y que te seguiré escribiendo...
y mirando...
y sonriendo...
y que como estás ahí...
donde yo te puse...
te jodes y te quedas
para seguir sonriendo...
y leyendo...
y escuchando....

(lo siento, necesitaba un hueco para desahogarme...)

Rifo I de Zeuquirne dijo...

É unha realidade ben sórdida a que descrebes, pero unha certa realidade, gustoume moito.
Grazas polo teu comentario.

(Si tes estado no encontro de poetas en Valdeorras, eu son a rapsoda da familia, ousexa a que lee os poemas do meu pai e máis da miña irmá Rosa "Valdeorosa", xa que ela casi nunca pode estar nesas datas)

torredebabel dijo...

lino no día da poesía (algo tarde, pero tamén nun día moi apropiado) e concordo: moi bo!!!

Clara Flor dijo...

Acabo de chegar aqui, por vez primeira...a poesia gústame, pero mais a sinceridade, e xunta, unha transparencia da realidade actual a sua.

O Raposo dijo...

Nébeda e Clara flor: benvidas.
Aínda que Nonsexasofelia podes desafogarte nesta cova sempre que queiras.
Rifo I de Zeuquirne: Teño estado no Encontro de Poetas Valdeorreses na década dos 90. E si, lémbrome que algunha vez os poemas de Esteban non os lía el. Teño na miña fráxil memoria a imaxe dunha muller de pelo loiro. ¿pode ser?
Unha aperta.
Torredababel: para ler poesía nunca é tarde; en todo caso o día era o adecuado.

X dijo...

Abre a porta metálica do garaxe,
alterouse o descanso,
agora quero explorar
a toda velocidade
as horas escuras
das persoas indecentes.