domingo, 6 de mayo de 2007

Punto final

Levamos moito tempo
con laios nos beizos
pisando alcatrán húmido;
moito tempo suando sangue
nas beirarrúas frías
baixo a alargada sombra
dos arrañaceos e temos
unha dor que fica estancada,
como unha tatuaxe no peito.
Somos, certamente, rebeldes
con causa erguendo bandeiras
no medio de inhóspitas cidades.
Por eso, ás veces, hai demasiado ferro
no cerne das nosas verbas.
Por eso, ás veces, rúbricas ardentes
poñen o punto final os nosos nomes.

16 comentarios:

RAFAEL dijo...

Pois non o había pensado, mais pode ser totalmente certa esa teoría.
O caso e que non sei que facer agora, se asinar sen rúbrica ou darlle outra reviravolta a que teño.
Saudos, Raposo.

Ra dijo...

Éso...rebeldes con causa, siempre.
Muy hermoso.

moucho branco dijo...

sempre hai unha causa para ser rebelde... cando menos unha... suficiente.

Ninsesabe dijo...

Rebeldes con máis causas das que foran necesarias...
Encantoume.

Nébeda dijo...

pois se vés a Pontevedra igual nos coñecemos e todo. XD. aínda que o Obradoiro acompaña máis para un concerto así.

XurxoCimaDeVila dijo...

carallo raposo é tan profunda e con tanta forza que da medo comentar...dicir nada... non te ponhas tan valoroso(ou algo así me trasmite) que me asusta.

Suso Lista dijo...

Xa nin me acordaba do test ese de Proust, haber se o fago que sempre ando apurado. Dalle duro...hasta o mango.

O Raposo dijo...

Por reviravoltas que non quede, Rafael.
Ra, Moucho branco, ninsesabe: neste mundo que nos toca padecer hai moitas causas polas que seguir sendo rebeldes.
Nébeda: A eles paga a pena velos e escoitalos en calquer sitio.
Xurxocimadevila: Un mozarrón de Ferreira asustado. Non o creo.
Ata o mango lle darei, Suso Lista.

Marinha de Allegue dijo...

Gustáronme estas palabras...

Beijosssssss.
:)

martafernandez dijo...

Ás veces, rúbricas ardentes poñen o punto e SEGUIDO os nosos nomes.
Bicos

Anónimo dijo...

E por que o sabe dicir vostede tan ben? Fermosísimo.

Doutora Seymour dijo...

Anónima identificada

Rifo I de Zeuquirne dijo...

"Somos, certamente, rebeldes con causa..."
gustoume, suscribo cada unha das tuas palabras.
un saudiño.

O Raposo dijo...

Un punto e seguido tamén é unha boa opción, Marta.
E a medicación que me da, doutora seymour, que me fai moi espelido.
Grazas polos parabens a Marinha de Allegue e a Rifo.

torredebabel dijo...

é que o mundo non muda tanto como nos queren facer crer...

pasabaporaquí dijo...

Non imaxinaba que posuíras tanta riqueza interior, persoalmente pareces un ser anodino, xa vexo que non o és; estes son os miragres da Rede.