miércoles, 6 de junio de 2007

PORQUE DECIDO A MIÑA CONFUSIÓN

Como tódolos días espertei na cama, pero sen saber onde estaba. Os mesmos mobles, o armario aberto, a roupa tirada no chan, o espertador, a foto de Amparo na mesiña, a mochila nunha esquina: todo era familiar e o mesmo tempo estraño, deformado e neboento. No desorde oín voces. Eran húmidas, como si houberan percorrido quilómetros de túneles escuros ou mares de algas. Eran pegañentas e fuxidías. Pola xanela debería verse un ceo azul mais o único que se vía era como un lenzo afuracado e gris. Neses buracos fermentaban remuíños negros que despois se volvían azuis e despois vermellos e tomaban a forma dunha face humana, ou de can, ou de langosta, e remataban por esnafrarse contra o cristal,soando como un disparo. Souben ou intuín que todo esto era un soño (ou mellor un pesadelo) pero tiven medo de espertar así que agocheime entre as sabas e intentei seguir durmindo.

17 comentarios:

XurxoCimaDeVila dijo...

O berro, de munch? hehehe.

torredebabel dijo...

o mais impactante dos soños é precisamente esa posibilidade de facer invisibles os limites entre a realidade e a fantasía.

mica dijo...

pois eu cando esperto dun pesadelo procuro despexarme ben para non seguir soñándoo. segundas partes nunca foron boas.

RAFAEL dijo...

Una de dous, Raposiño, ou fumas menos ou fumas mais.
Non podes quedar navegando entre duas aguas, iso é malísimo, produce efectos coma este.
Una aperta.

superouno dijo...

Tanta dor, doe

Doutora Seymour dijo...

Hai días nos que ata o peor dos pesadelos é máis tolerable que espertar..., claro que isto só se pensa cando se está esperto e se ten a feble certeza de que un soño non pode mancar.

gatina dijo...

O peor é que logo, cando espertas, non sabes se aínda tas durmindo ou non.

Ra dijo...

Optó por lo más conveniente, Raposo, tal y como está la cosa...
Besote

O Raposo dijo...

Xuuxocimadevila: O de Munch é moito berro para min, oh!
Torredebabel: precisamente esa posibilidade é a que os fai mais interesantes, enigmáticos e perigosos.
Mica: hai excepcións, por exemplo (falando de cine, que tamén ten algo de soño) a segunda parte de "O padriño".
Rafael: tan como estan agora as leis será mellor ir fumando menos, digo eu.
Superouno: carallo se doe.
Doutora seymour: ante un diagnóstico seu eu non podo facer mais que asentir.
Gatina: Algo de eso falaron xa nos antiguos proverbios chinos.
Ra: tes razón, tal como están as cousas as veces é mellor quedarse o outro lado

moucho branco dijo...

que ao final é sempre o mellor... botar a manta, dar volta e intentar durmir... ou non?...

Torreira dijo...

Tamén é unha boa opción fechar os ollos con forza e tentar espertar.Apertas

Zebedeo dijo...

Hai sonos tan reais que non sabes que foi un sono ata despertar. A min pásame sobre todo cando soño con cousas ou situacións cotías. Eu cheguei a "oir" o despertador, levanteime, arranxeime e saín a parada do autobús. Cando mirei a hora eran as 4 da madrugada, e xa me ves coma un parvo indo outra vez para casa a dormir (tamén podía salir de carallada pero ese día non estaba pola labor)

Anónimo dijo...

"Todo era familiar e o mesmo tempo estraño". Angustia nesa rutina, no inmobilismo cómodo pero existenciamente alienante... Todo se mueve, non o esquezas, nada permanece. Algún día percibiremos os cambios por pequenos que sexan. Un saúdo(valdeorosa-rosa)

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Eu o que fago e dar a volta e tentar cambiar o final do soño, logo non o consigo e non pasa nada do que me gustaría, pero gaño un ratiño máis de cama.
saudiños.

paideleo dijo...

Hai que comer menos bocatas de garavanzos picantes, ha, ha.
Fóra bromas, o teu pesadelo gustoume anque non me gustaría vivilo.

Moralla dijo...

Os soños son realidades agochadas que se transforman en imaxinación inimaxinable.
Se eu che contara algún dos meus!!! partiríaste!! ou chorarías....
Bicazos
Yoli

O Raposo dijo...

Moucho branco, Torreira e Rifo i de zeuquirne, presentan varias opcións. Non sei con cal quedarme.
Zebedeo: Na tua situación debiche ir de carallada, xa postos.
Rosa-Valdeorosa: Todo se move: xa o dixo Galileo.
Paideleo: ¿Bocata de garabanzos picantes? Nunca al vin. Postos a elexir eu prefiro lomo.
Moralla: Conta, conta, seguro que valen a pena. Bicos.