viernes, 23 de noviembre de 2007

PARA UNHAS MANS SEN FUTURO


Todo o pasado cóllelles nas mans:
falo dos sorrisos azuis dos nenos,
dos soños que non coñecían as engurras,
da ilusión que como miúdo orballo
nas paredes de infancia se pousaba.

Todo o presente cóllelles nas mans:
falo do amor e da maxia da carne,
falo da amizade, seductora, bébeda,
e de espertar agora sentíndose donos
do sol, do monte e das raíces.

Todo o futuro cóllelles nas mans.
Tamén as feridas sen curar, o barro
que enchoupará os ollos,
as cidades que irán abandonando
coa herdanza de débedas e sobresaltos,
a xenreira, o vómito, o cansazo,
a pistola que un día levantará
a tampa asustada dos seus miolos.

21 comentarios:

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Fermoso poema raposo.
Un saúdo.

FIZ dijo...

FERMOSO...Si señor..

Gracias pola visita polo recuncho Liadia..

Estás incluído dende XA na miña lista de Ilustres..
Porque ..hai xente para todo..

Parabéns polo blog.
SALUD

Silvana dijo...

Xenial.

A Conxurada dijo...

Encantoume. Parabéns, e bicos.

martafernandez dijo...

As mans son os atlas das nosas vidas, as súas liñas recollen tódolos camiños percorridos e os que nos quedan por andar, as nosas fronteiras, os nosos límites persoais. Ofrecen o noso selo, único e diferenciador e recollen as pegadas que outros deixan na nosa alma, coma se fose a area que se escorrega por entre os nosos dedos, que acaricia. As mans son a medida do noso espíritu, reflexan as nosas concavidades e convexidades.
Soa este canto teu, moi lindo
Un bico

avelaíña dijo...

Interpreto o escrito como un poema de guerra, da guerra da vida. Resúltame tenro e á vez difícil.
Un saúdo, raposo.

FraVernero dijo...

Vaia... o que se dí un final 'estoupante' amais, en senso literal e figurado...

Non sabía que no tobo o raposo adicaba tempo á versificación. É unha sorpresa agradábel.

As mans como medida de tódalas cousas, e máis do tempo, que escapa ou non chega, 'e non chega'...

xurxocimadevila dijo...

cada día máis e mellor!

saúdos!

Sun Iou Miou dijo...

Algo duro empezar así este domingo luminoso e frío (tan, tan frío) de regreso ao silencio habitual, á soidade que non é saudade. Aínda ben que escribindo ceibamos espectros.

Doutora Seymour dijo...

Todo está nas nosas mans, e máis que nada que o futuro sexa un futuro... xusto.

Ex Traño dijo...

que razón... todo está nas nosas mans
espero que as cousas non sigan o ritmo da poesia e teñamos un final feliz, alo menos para nos que o egoismo forma parte do instinto de supervivencia
consigue vostede emocionar ca sua poesia
apertas

APÁTRIDA dijo...

Fermoso poema, coma sempre. Un neno é coma un fermoso papel en branco donde todos(a sociedade) imos escrebendo as líneas da vida.
Unha aperta

milonga dijo...

porque ultimamente o que leo de todos é mais ou menos traxico, melancolico ou algo depresivo...

e que me fixeches chorar...

vou ter que deixar o blogueo tamen...

busto.agolada dijo...

Gustoume pero agardo que o futuro nos espere sen necesidade de ter que levantar a tapa dos miolos.
Saúdos

ekis1331 dijo...

a paz está no poema, todo o demais é loita... saúdos, bós versos...

Nébeda dijo...

: ) Quen puidera coller todos coas mans.

sarampelo dijo...

Xa había tempo que non leia algo tan fermoso.
Meus parabéns Raposo.

Suso Lista dijo...

Nas suas mans está tamén todo.

Ana Bande dijo...

O poema...destila verdade e fermosura pero a ilustración que o acompaña engádelle se cadra máis beleza, porque efectivamente o tempo, calquera que sexa, pasado, presente e mesmo é tan inaprensible como esa auga que queremos atrapar coas mans, e quizais esa impotencia é a causante do final tráxico...¿non?

vakastolas dijo...

Hai que deixar que algunhas cousas escorreguen entre os dedos para deixar sitio nas mans a outras cousas novas.

albagal dijo...

Parabens!