“O día despois,
un sobrevivente,
calquera cidade”.
un sobrevivente,
calquera cidade”.
.
.
.
.
Entre as ruínas
só puido respirar cinsa negra
que desfacía as distancias
e queimaba nos pulmóns.
Entre as ruínas
lembrou as verbas metálicas
das derradeiras meigas urbanas
que profetizaron a desfeita.
Entre as ruínas
seguiu pegadas de sangue
ata rañaceos derrubados
á beira do abismo.
Entre as ruínas
atopou sumidoiros radioactivos
que levaban o medo nas veas
e un cheiro a morte insoportable.
Entre as ruínas
sentiu o calafrío dos seus propios pasos
resoando no chan ferido
e tivo que berrar para non saberse tan só.
Entre as ruínas
lamentou ter nacido,
e, no medio de escuras maldicións,
preto xa do delirio e a agonía
púxose a trousar a pouca esperanza que lle quedaba.
Entre as ruínas
só puido respirar cinsa negra
que desfacía as distancias
e queimaba nos pulmóns.
Entre as ruínas
lembrou as verbas metálicas
das derradeiras meigas urbanas
que profetizaron a desfeita.
Entre as ruínas
seguiu pegadas de sangue
ata rañaceos derrubados
á beira do abismo.
Entre as ruínas
atopou sumidoiros radioactivos
que levaban o medo nas veas
e un cheiro a morte insoportable.
Entre as ruínas
sentiu o calafrío dos seus propios pasos
resoando no chan ferido
e tivo que berrar para non saberse tan só.
Entre as ruínas
lamentou ter nacido,
e, no medio de escuras maldicións,
preto xa do delirio e a agonía
púxose a trousar a pouca esperanza que lle quedaba.
18 comentarios:
As ruinas... Para mín, son lugar de habitación permanente, en vista do fracaso triple que antecede unha certa forma de Apocalipse: a derrota política, a estética e a sentimental. Unha tríade case como a do Marqués de Bradomín...
A voz poética posapocalíptica debullado graus de derradeira esperanza nese mundo roto e rachado que cada día, uns máis (moito máis!) e outros menos, imos empurrando cara o abismo (nuclear, ecolóxico...).
Ás veces, sentimos sermos falsas persoas, espellismos; proxeccións de fantasmas pechados entre ruínas que aínda non son quen de velas na súa verdadeira faceta...
Fantástico.
O bo das ruinas, é o que despois hai que construir.
Ben, silvana rouboume o que ía dicir, así que ... marabilloso.
Grazas pola visita. As ruinas da mente son moito más preocupantes das físicas. Repasarei o teu blog con tempo durante esta ponte.
Un saúdo
Como di suso, o bon das ruínas é que hai que reconstruir dende o principio, é un voltar a empezar dende a nada.
Un poema boísimo.
Unha aperta.
Creo que foi Benavente o que comparaba as ruinas cos recordos, en contraposición coas esperanzas, que viñan sendo como os planos dos edificios por construír. Dicía el, non sei si con razón ou sin ela, que as ruinas, os recordos, eran sempre máis poéticas que as esperanzas...
Bonito poema, Raposo.
Que frío vai, que soidade.
As veces nas ruinas é cando nos encontramos con nosoutros mesmos.
Un saúdo
Fravernero: As veces, entre as ruinas, o caos e o barullo do colapso é onde se atopan os azos que dan un novo pulo a existencia, as fiestras que permiten ver de novo os raios do sol. Non sempre pero as veces pasa.
Silvana, a conxurada: grazas polos eloxios, quizais excesivos.
Suso lista, Rifo: Reconstruir si, pero con coidado porque poden aparecer os especuladores sen escrúpulos, as recalificacións, os concellais de urbanismo, toda unha manada de voitres que se alimentan, e de que maneira, da desfeita.
Automator: tes razón, as da mente son moito mais preocupantes. E grazas pola visita.
Ninsesabe: non coñecía esa frase de Benavente. Non vai desacertado.
Sun iou miou: a soidade é unha das señas de identidade dos novos tempos.
Apátrida: ese sentimento eu ténocho a miúdo.
Saúdos constitucionais.
A sensación de ruína... Si, un 'lugar/non-lugar' moi ben coñecido.
Un clásico: Neruda: 'Y aquí estoy yo, brotado entre las ruinas,
mordiendo solo todas las tristezas,
como si el llanto fuera una semilla
y yo el único surco de la tierra.'
Outra cousa menos clasica e máis fonda: http://www.youtube.com/watch?v=8wTzZGuPKgg
Mesmo despois da apocalipse que di fravernero queda unha mínima esperanza. Estropeamos moito, case todo diría eu, pero sempre queda algo...
Bicos.
Que gris sensación transmites... tan fermosa á vez. Parabéns :)
A ruína vive entre nós. É tan cotiá coma a vida mesma. Onde houbo esplendor, o tempo púxolle a ruína.
Pero hai espíritus capaces de vencer a ruína a base de grandes doses de euforia e de optimismo. Eu creo que ti podes ser deses. Quen ten ollos para advertir a ruína, posúe argumentos para vencela.
Unha aperta.
As ruinas de espiritu son as que están a levar a ruina ao mundo enteiro
Fermoso poema. Triste á vez.
Y a mí que me parece que algunas ruinas tienen su aquel...
Muy bueno, Raposo.
ás veces un atópase tan ben entre as desfeitas que formamos parte do atrezzo sen darnos conta.
Publicar un comentario