jueves, 29 de noviembre de 2007

SANTA PACIENCIA: ARQUITECTURA POPULAR


Cando nas fincas se apañan os coios e as pedras pequenas que hai ciscadas polo chan e se xuntan todas nun montón, a eso na miña aldea lle chaman casarellos. O que xa non sei é como chamarlle cando as pedriñas están tan ben postas e forman esta figura de cono truncado. Precísase ganas de traballar, tempo e paciencia.
A foto foi tomada no concello de Riveira a beira dun sendeiro, preto do regato As Saíñas.

viernes, 23 de noviembre de 2007

PARA UNHAS MANS SEN FUTURO


Todo o pasado cóllelles nas mans:
falo dos sorrisos azuis dos nenos,
dos soños que non coñecían as engurras,
da ilusión que como miúdo orballo
nas paredes de infancia se pousaba.

Todo o presente cóllelles nas mans:
falo do amor e da maxia da carne,
falo da amizade, seductora, bébeda,
e de espertar agora sentíndose donos
do sol, do monte e das raíces.

Todo o futuro cóllelles nas mans.
Tamén as feridas sen curar, o barro
que enchoupará os ollos,
as cidades que irán abandonando
coa herdanza de débedas e sobresaltos,
a xenreira, o vómito, o cansazo,
a pistola que un día levantará
a tampa asustada dos seus miolos.

martes, 20 de noviembre de 2007

PACO EL CABRÓN


A mediados dos anos 50 Celso Emilio Ferreiro escribiu un soneto dedicado a Franco, o noxento dictador que asoballou España con man de ferro e, eso si, " por la gracia de Dios”.
Cincuenta anos mais tarde recórdoo nesta cova porque hai feitos que non deben esquecerse e sinistros personaxes dos que é conveniente seguir lembrando quen foron e que fixeron.

PACO EL CABRÓN
Cabrón por vocación y por ralea,
cabrón por los costados y entresijos,
cabrón por la mujer y por los hijos,
cabrón de una prosapia gonorrea.
Cabrón que nos estruja y merodea,
con cabrones negocios de amasijos,
cabrón de bancarrotas y de alijos,
cabrón que nos escupe y que nos mea.
Cabrón de la cabrona clerecía
que ensalza tu cabrona tiranía
del gobierno cabrón de Misa y torta.
Y aquí mi cabronada acabaría,
pero hay un cabrón mas, todavía,
que es el pueblo cabrón que te soporta.

viernes, 9 de noviembre de 2007

CAIXA DE CORREOS


Esta ponte pasada estiven de sendeirismo pola comarca do Barbanza, desde Ribeira a Corrubedo. Nun monte preto de Ribeira encontreime con esta caixa de correos na sobreira dunha devesa. Ningunha casa, galpón, palleira ou outra edificación vin polos arredores.
Non me preguntedes que fai entre as árbores, se ten moita correspondencia, ou quen firma os certificados. O caso é que aí está: verde, a sombra, segura de si mesma.
¿Quen lle escribe as sobreiras?

domingo, 4 de noviembre de 2007

MEME: 8 DO OESTE


Silvana invitoume a participar nun meme (que carallo quererá decir esta palabra) que circula estes días pola blogosfera. Trátase de facer unha lista de 8 cousas, as que se queiran. Se queredes mais instruccións premer aquí.
Non me gustan moito estas historias pero ¿quen se resiste a un convite feito por unha rapaza monfortina? Así que púxenme a cavilar.
Primeiro pensei en programas de televisión interesantes pero non hai suficientes. Logo tentei escribir unha lista de políticos honrados. Seguramente hainos, pero hoxe non me lembrei de ninguén.
Total que non sabía que facer. Cando xa estaba a piques de ser capturado pola desesperanza veu na miña axuda, montado nun cabalo de magnífica estampa, John Wayne.
E aquí tedes 8 das mellores películas do western segundo a miña modesta opinión. Sen dúbida hai mais, pero penso que esta é unha boa mostra. Están postas por orden cronolóxico.

1- A DILIXENCIA (John Ford, 1939), con John Wayne, Claire Trevor, Thomas Mitchell e John Carradine.
2- RAICES PROFUNDAS (George Stevens, 1952), con Alan Ladd, Jean Arthur, Van Heflin e Jack Palance.
3- SÓ ANTE O PERIGO (Fred Zinneman, 1952), con Gary Cooper, Grace Kelly, Katy Jurado e Lloyd Brigdes.
4- CENTAUROS DO DESERTO (John Ford, 1956), con John Wayne, Jeffrey Hunter, Vera Miles, Wad Bond e Natalie Wood.
5- RÍO BRAVO (Howard Hawks, 1959), con John Wayne, Dean Martin, Ricky Nelson, Angie Dickinson e Walter Brennan.
6- GRUPO SALVAXE (Sam Peckinpah, 1969), con William Holden, Ernest Borgnine, Robert Ryan, Edmond O'Brien e Warren Oates.
7- BAILANDO CON LOBOS (Kevin Costner, 1990), con Kevin Costner, Mary McDonnell, Graham Greene e Rodney A. Grant.
8- SEN PERDÓN (Clint Eastwood, 1992) con Clint Eastwood, Gene Hackman, Morgan Freeman e Richard Harris.

Non lle vou pasar a pelota do meme a ninguén en concreto, pero os que queirades seguir co tema cinéfilo podedes facelo. A min paréceme ben e mesmo vos podo facer un par de suxerencias.
Lista das películas mais vistas en Kuala Lumpur no verán do 93.
Lista de películas de espionaxe feitas en Hollywood e nas que o final ganan os rusos.