martes, 5 de febrero de 2008

NON SOMOS FILLOS DE DEUSES


Non somos fillos de deuses.
Nos nosos xenes milenarios
amoréase a cobiza, o desacougo,
o medo á soidade da noite
cando as árbores eran fogar e refuxio
e a choiva tiña un arrecendo a misterio.

Non formamos parte das lendas,
non hai milagres no pasado que temos,
os nenos non nos aprenderán os nomes.
Amósanos o espello unha face gris,
cansa, a ollada perdida en ningures,
detrás das reixas dunha gaiola
de inquedanza e monotonía.

Porque non somos fillos de deuses
non quedará lembranza do noso paso;
a historia borraranos como o tempo
borra as pegadas na neve;
venceranos o vento como unha folla murcha;
e caeremos despacio, sen moito balbordo,
no derradeiro pozo escuro do olvido
onde rematan por esfachicarse os soños
que non teñen terreo de esperanza ó que termarse.

25 comentarios:

Pau dijo...

Non seremos fillos de deuses máis coma eles debemos loitar por non desaparecer como pobo

Nuevo Icaro dijo...

As veces e mellor camiñar pola vida sen facer moito ruido, xogar o teu papel o mellor que poidas e esvaezerte no tempo e acadalo descanso.

torredebabel dijo...

pode ser que a historia faga tanto como pode para "borraranos como o tempo borra as pegadas na neve", pero sempre temos unha posibilidade, sempre podemos coller a arma da memoria e saber donde vimos e quen somos.

busto.agolada dijo...

Somos unha rafa de fume perdida no firmamento, pero existimos porque falamos e dicimos e esa nosa voz quedará fosilizada no baleiro.
Fermoso exercicio poético e existencialista.

RAFAEL REYES LÓPEZ DE NEIRA dijo...

Non sei si seremos deuses...os raposos sonche una raza muy falsa!!!
Saúdos pensativos.

Silvana dijo...

Fermoso despertar a realidade. Tes un pincel ben atinado.

Un saúdo.

Veca dijo...

Non seremos fillos de deuses, pero de seguro que podemos facer cousas ben importantes e ser recordados por elas. Biquiños.

ekis1331 dijo...

Saíuche un poema épico redondo acodindo a nosa condición e vidas supostamente nada épicas... gostoume.
Por certo, aproveito para dicirche que tamen disfrutei co teu relato sobre o insomnio, sempre disfruto da prosa poética.

Doutora Seymour dijo...

De xeito individual non sei, pero coma sociedade deixaremos pegada, desafortunadamente...

Sun Iou Miou dijo...

E se fósemos, non nos adorarían a nós, senón a unha sombra do que fomos, quizá nin a sombra sequera, como moito a un nome, a unhas cinzas.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Non somos deuses, non, pero algún coma ti escrebe como si tal fora.
saúdos.

Suso Lista dijo...

Xa o dixeron onte os curas, "polvo eres...

HADEX dijo...

É moi fermososo o poema....

Beluka dijo...

Quen quere ser fillo dun deus e que se lle recorde como tal non pensa en que a inmortalidade lle nega o se converter nun recordo.
Non somos fillos de deuses, e menos mal. Se todos o fosemos, deus non sería ningún.
Apertas!

vermella dijo...

De xeito colectivo non somos pero cada un de nós terá que facer méritos para ser recordado como tales,sigo a pensar.

Chousa da Alcandra dijo...

Haiche moita semente "divina" espallada polo mundo. Algunha faisca ha quedar. Eu penso (ou queroo pensar?.

Torreira dijo...

Apraia esta feita de areas.Non precisamos,compañeiro ser dunas.Apertas

Marinha de Allegue dijo...

De xeito individual deixamos pegadas que sen dúvida confluen nas pegadas colectivas...

Unha aperta individual.
:)

A Conxurada dijo...

Un poema fantástico.

aultre narai dijo...

nin falta que fai, creo eu! xD

albagal dijo...

Noraboa polo poema, unha vez máis deléitasnos ;)

Paco Penas de Dorvisou dijo...

O finito é miséria e o infinito non está o nosso alcanço.
Fauna estranha a humana fauna, cuja essência incide en superar a súa própia essência.

Xa o dicía o mestre Carvalho Calero "Fauna estranha a humana fauna."
Lendo os teus poemas teño ás veces a sensación de que regresaches ao século XXI dende outros tempos con máis luces.
Unha aperta.

Ex Traño dijo...

se fora fillo duun deus, teria a meu pai agobiado por todo o que queda por facer, mira que deixar tod a medias....
deuses pregiceiros....apertas

Olga S.Isidro dijo...

Si que es verdad, que jamás seremos como los dioses, pero nuestra memoria perdurara en los tiempos, si dejamos esa huella imborrable que dejan los actos “humanos” con todas sus consecuencias.
En verdad que fue un placer entrar en su blog.
¡Volveré!

Zeltia dijo...

Una manera muy especial de expresar sentimientos que supongo yo que a casi nadie le son ajenos en algún momento de su vida.
Pero hasta los más grandes que han dejado huella, algún dia desaparecerán con el mundo tal como lo conocemos, con el planeta... lo que llamamos "para siempre" es sólo un soplo en el tiempo, que no existe más que en nuestra manera de medirlo.
Te felicito por la capacidad de expresarte mediante unos versos tan hermosos.