jueves, 4 de septiembre de 2008

DE VOLTA

Por quén dobran as campás neste verán que se escapa como un suspiro? Un grolo de auga fresca non alivia a febre. Buscamos polos bolsos os tickets dos peaxes que houbo que pagar por tanto sol, tantas praias, tantos autobuses cara a suposta liberdade.
Queda na pel un incendio de espuma, un moreno fotoxénico, terrazas, festivais, naipes barallados a carón da noite, conversas a deshora cando o reloxo non existe, promesas que cumprir, garitos de madrugada, ron cacique, moito xeo e Coca-cola fría, e esta manía de poñerlle a bo tempo mala cara.
No feixe dos recordos perdura tamén un dolor de ausencia difícil de borrar, e como non lembrarse dos versos de Teresa Núñez “morir, al fin y al cabo, / es dormir un sueño de infinita memoria” cando un corazón de arxila se estremece baixo terra.
Agora a cidade ten un aire así como de resaca, cansazo despois de bacanal: as lolitas intercambian albumes fotográficos, as tendas remataron as rebaixas, os anticuarios clasifican vinilos e nos xardíns as estatuas descansan de tanta mirada impúdica, tanto flash, e recuperan o aceno tranquilo de complicidade coas pombas.
Agora é o de sempre: horarios axustados, xestos repetidos, dobre fila (e o mar tan lonxano), recibos sen pagar, ida e volta, tic, tac, tic, tac, monotonía, “monotonía de lluvia tras los cristales”, outra vez o rebumbio nas xestorías e nas asembleas de veciños, outsiders con síndrome postvacacional (e o mar tan lonxano) como si os efectos da crises non foran xa suficiente desánimo, tantos cordos de atar polas beirarrúas co desexo reprimido de enfrontarse a rutina de vida dando un portazo.

21 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Benvido, Raposo :-)

Ánimo para voltar ao traballo e á rutina.

Dende que o mundo é mundo hai crise. Digocho eu, que vivo nun país con crise endémica...

Ahhh!, por certo, gracias pola túa visita a Cuspe de Pita :-)

Unha aperta dende Bos Aires.

Antón.

Sun Iou Miou dijo...

Despois de ler isto, morreria se tivese que volver vivir nunha cidade, con vacacións ou sen elas.

Carlos Sousa dijo...

Que ben o explicaches, pois nada, haberá que voltar a rutina diaria e o reloxo ese que tanto corre.

Por outro lado, tamén fai falla, pois si sempre fora Xullo e Agosto, como acabaríamos.

Mer dijo...

Benvido ao mundo real, ou tal vez o real é o outro.

Eu cada vez que volto das vacacións, plantéxome intentar cambiar a forma de vida, que teña algo de similitude coa miña vida nas vacacións, pero non resulta, non hai nada que se achegue a vivir a vida sen preocupacións, dende a perspectiva da liberdade que confire o non traballar e cobrar igualmente... pero tamén hai que pensar no futuro, ¿ ou non?

Anónimo dijo...

Xa sabia eu que o non coller vacacions tinha a sua parte boa, non ter o trauma postvacacional.

Dame que o ano que ven tampouco collerei tempo libre, ainda que non supon un gran esforzo para min, xa sabes, co meu pasado chino...

Noa dijo...

encóntrome marabillada completamente polo texto. ainda que non comparta de momento esas sensacións podo velas cando ando polo Cardenal ;b.

Raposo dijo...

Anton de Muros: Si, supoño que aí sabedes moito de crises. Unha aperta e grazas pola visita.

Sun iou miou: o hominído afaixe a todo, mesmo as cidades.

Carlos sousa:non sei como remataríamos pero a min non me importaría que as vacacións durasen sempre, per sécula seculorum.

Mer: eses plantexamentos tamén os fago eu pero o final a rotina véncete.E claro que hai que pensar no futuro: nun futuro con vacacións ilimitadas, si pode ser.

Pablo: eso xa o sabían os de Aerolíneas federales cando cantaban aquelo de: "Vacaciones, los cojones; es mejor trabajar". E o mellor os teus antepasados chinos xa se enteraran antes. Habería que investigar.

Noa: cando falas do Cardenal refíreste o Cardenal de Monforte (centro neurálxico da cidade) ou a algunha autoridade eclesiástica?

Mar e Lúa dijo...

Benvido de novo á dura realidade... Tómao con calma e intenta coller unha actitude semellante á das estatuas do teu texto ;)

En fin, que a volta sexa o máis levadeira posible.

Unha aperta!

Marinha de Allegue dijo...

Benvido a actividade!!.

Unha aperta.
:)

LM dijo...

bemvindo! ánimo que já falta menos um dia para as próximas... beijos

Mer dijo...

Por suposto, Raposo, fixen as rutas do Río Pequeno que pasa por Mercurín e da Devesa de Rogueira ata a lagoa de Lucenza, tamén estiven no Souto de Paderne que é incríble.

Para o que non coñeza estas rutas, cabe dicir que na Devesa de Rogueira facendo a ruta enteira dende a Aula de Natureza é un contínuo ascenso durante arredor de 3 horas, ao primeiro unha subida suave pero as últimas 2 horas é unha subida empinadísima, case escalas, tés que ir co corpo inclinado cara adiante. A baixada tampouco é moi boa, cárganse bastante os xeonllos.

Pero paga a pena o esforzo.

Mer dijo...

Sí, raposo, teño que volver porque me quedaron moitas rutas por facer, xa che digo, só fixen esas dúas, fun ata o alto de Pía Paxaro, pero non a Formigueiros nin as outras que, aínda que as estiven vendo en internet e informeime bastante ben de todo, non me deu tempo, fun 6 días e tamén quería descansar. Ademáis estiven en Pedrafita, en Samos, o día do retorno en Lugo (retornaba a Santiago non a Vigo)...

Encantoume, prefiro este turismo ao de praia, será porque vivo preto dela.

Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Amólanos tantísimo retornar á machadiana "monotonía de la lluvia tras los cristales"; que ás veces faime pensar se non sería mellor prescindir das vacacións!!
Tolearía eu?

Sexas benvido en todo caso ao mundo da tolemia rutinaria

Bea dijo...

Benvido de novo! agora toca voltar a rutina de smepre... as miñas vacacións de verdade creo que comezan a partires de domingo. ou iso espero! ;)

Mararía dijo...

Vaia!!! Non te queixes que ó menos tiveches vacacións!!!!

Non hai nada máis relaxante que as imaxe do mar!!.

¡E agora a traballar!

Paz Zeltia dijo...

Benvido: Agora é o de sempre e que sorte que o de sempre estea ahí, diríache ése para quen o de sempre xan non o é máis.

agora o de sempre:pois a vivilo!, que ainda que o mar estea lonxe, non o está tanto, e o ron e as conversas están á mau.
o malo é o puto reloxio :D

Pau dijo...

Despois de leer este post xa sei porque non collo máis de 5 días seguidos de vacacións. Aforrome o trauma de volver

Son Unha Xoaniña dijo...

Pois benvido á rutina, eu como as collín a primeiros de Xullo, pois xa estou mergullada nela e setembro so é o mes da vendima.
Bicos.

Anónimo dijo...

Eu tamén volvín estes días...
Pero case que prefiro non comentar nada do meu verán en Corme, coma sempre.¿Para que poñerse malencólicos e tristes?
Alégrome de pasar de novo pola túa cova. No verán desconectei totalmente.

Anónimo dijo...

E o mar tan lonxe... a botella sempre medio chea: acabáronse os turistas incómodos, volve a haber sitio na cafetería de sempre, as praias recuperan algo da súa misteriosa virxinidade...

Cuspedepita dijo...

As campás dobran por esa suposta (no meu caso case sempre suposta e non real)liberdade de erguerse á hora que che pete e ir a onde che dea a gaña, de ter tempo para tomar un café sen mirar o reloxio ou de durmir a sesta se tes sono despois de xantar.
Comparto moitas desas sensacións que describes tan ben, pero moreno fotoxénico non trouxen ;-)Non se pode pedir todo :-)
Benvido!