miércoles, 1 de octubre de 2008

PESADELO EN WALL STREET


Corren malos tempos para a economía, as corporacións bancarias esborrállanse como unha morea de pedras mal postas e Wall Street vai costa abaixo e sen freos.
Eso si, os que perden sempre son os mesmos. E sempre hai tiburóns que saen ben parados de tódalas crises: dimiten pero márchanse cos bolsos cheos de millóns de dólares; quebra a súa empresa pero eles conservan ou aumentan o patrimonio. Os propios erros non repercuten na súa fortuna senón no diñeiro dos demais.
Algo hai que non funciona como debera; fallan os mecanismos de control porque son poucos ou non existen. Todos o saben pero os que teñen poder para cambiar as regras do xogo non o fan porque directa ou indirectamente se benefician delas. O final deste barullo o que paga os pratos rotos sempre é o pobo, o sufrido pobo.
O poema que segue escribino hai xa bastantes anos (no século pasado). Deixalo aquí agora paréceme apropiado coa que está caendo. Hai cousas que nunca cambian.


PESADILLA EN WALL STREET
En Wall Street una palabra
o un gesto pueden ser dios
jugando a los atropellos,
vendiendo la esperanza de hombres
que solo les quedan ojos de tierra
y manos abiertas hiriendo su silencio.
Las fortunas dejan detrás
un precio de lágrimas y sinsabores;
los pedestales se forjan
sobre el mármol de muchas lápidas,
de tantas como para negar la primavera
o vestir de luto las cometas de los niños.
La sonrisa en Thailandia
está controlada por una cifra exacta.
La pólvora, la industria del acero,
el sudor de un indio quechua,
los candelabros ebrios de polvo,
las geografías olvidadas,
los sueños en el barrio judío de Toledo,
todo tiene un peso en la balanza
de los traficantes de acciones.
Desde un ordenador se controla el mundo.
Buitres de alquitrán lo saben
y afilan sus garras y aletean
furiosamente sobre las ruínas
por ellos mismos provocadas,
magnates del terror sin escrúpulos,
para controlar un palmo mas de despojos.
Toda la agresividad,
toda la avaricia,
todas las armas empuñadas,
para a la noche
recostarse en su sillón favorito
(whisky escocés, puro Cohiba)
y pensar como seguir
jodiendo al mundo
al día siguiente.

21 comentarios:

Mer dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Mer dijo...

Non sei moi ben cal é a sorpresa.

EEUU hai tempo que coa súa política vai indo cara abaixo.

As diferencias de renta e riqueza entre os ricos e os traballadores son cada vez máis e máis grandes, estes últimos son cada vez máis, gañan menos e traballan máis horas, os seus beneficios sociais van minguando a pasos axigantados... Entre os países centrais, é no que peor viven os traballadores

Harold R. Kerbo, conta no seu libro Estratificación social y desigualdad
cómo durante a súa estancia en Alemania, fóronlle a visitar uns parientes estadounidenses que, tras uns días no país, preguntáronlle "e aquí, ¿ onde viven os pobres?"

vakastolas dijo...

Eu penso (ou gústame pensar) que todos eses tiburóns son tremendamente infelices, estou case segura, case...No fondo danme pena porque téñeno todo e non son donos de nada. Nós cun lacón con grelos na casa da avoa xa nos apañamos (polo menos eu)

HADEX dijo...

A desigualdade social en USA é arrepiante o mesmo que a actitude dos seus gobernantes. E o jodido é que os mais imos detrás deste país infame.....ó son da súa música.

Sarampelo dijo...

Fermoso o poema.
Coido que estamos chegando a un camiño sen retorno. A voracidade das grandes corporacións impersoales, están a rematar con este planeta, nembargantes nós estamos a velo e non facemos ren.
Nestas últimas decadas lles deixaron todo o control por aquilo de que " o mercado regulase por si só" e a fodimos. Tenos un refrán moi galego que ´di: meteron de gardián ao raposo no galiñeiro. Agora estamos sen galiñas e o raposo farto e ríndose de nós.

LM dijo...

Toda la agresividad,
toda la avaricia,
todas las armas empuñadas,
para a la noche
recostarse en su sillón favorito
(whisky escocés, puro Cohiba)
y pensar como seguir
jodiendo al mundo
al día siguiente.

pois se isto é o que significa ter montes de dinheiro na conta bancaria prefiro esse lacom com grelos. beijos

A Conxurada dijo...

Dende logo que si, o poema acáelle ben ao que está a pasar.

un bico.

Ex Traño dijo...

e o que teñen as obras de arte que son atemporales.....

de todas formas raposo non coincido contigo no final do poema, non creo que eles pensen que estan a joder o mundo, porque dende o seu punto de vista unha crise e algo fabuloso onde se multiplican as posibilidades de aumentar a fortuna y desde esa mansión que imaxino que acolle ese whiskazo e o puro, non se ve, nin se cheira, nin se come o que o pobo vive a diario

apertas e ata agora

FraVernero dijo...

Pesadelo, sí... agora é cando os todos se volven socialistas, non é?
Son os días en que parece que anda máis invisíbel que nunca a invisíbel man do mercado. Entón que peña Papá Estado ao rescate cun remedo de Socialismo para Ricos: socializamos as perdas!

Todo hipocresía, evidentemente. Estes días escóitase moito incluso entre os políticos máis dereitos que este modelo de liberalismo está kapputt, que hai que camiñar cara un capitalismo de rostro humano, non especulador. Sería tanto como dicir que temos que camiñar cara escopetas que non disparen, trompos que non xiren, ou libros que non se lean. Todo pasará, por suposto, coa mellora. Entón liberalismo desenpolvado tornará a orde do día...

Silvana dijo...

Os máis avispados (e ricos) xa están cambiando as suas inversións e mirando con ollos cobizosos novamente os lingotes de ouro, que según din os expertos (os mesmos da crise) é o único valor seguro neste momento.

Doutora Seymour dijo...

Todo sube e baixa, eles saben como funciona o xogo. Nós somos os ioiós.

Carlos Sousa dijo...

Os "buitres de alquitrán..." é moi apropiado, cantos se están aproveitando da situación.

Corren malos tempos, e nós temos que ir detrás deses mandamáis, como ovellas. E si non podemos pagar quedaremos sen casa, namentras, que ós poderosos serán rescatados polos gobernos.

Como te adiantaches os tempos.

Un saúdo raposo, como dín por ahí, que non te poñan de guardián do galiñeiro, he,he.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

O caso é que toda esa panda de usureros han quedar cos petos ben cheíños, e coma sempre os paganinis seremos nos, que ademáis de pagar as nosas débedas teremos que pagar as deles. E ben curioso que cando hai ganacias non reparten nada pero cando a cousa se torce entón os gobernos teñen que socorrelos.
Apertas.

Pablo dijo...

"Desde un ordenador se controla el mundo.
Buitres de alquitrán lo saben
y afilan sus garras y aletean
furiosamente sobre las ruínas
por ellos mismos provocadas,
magnates del terror sin escrúpulos,
para controlar un palmo mas de despojos."

Canta verdade toda xunta!! Encantoume o texto! Non sería unha barbaridade entón pensar no que faríamos no noso último día... a este paso...

Suso Lista dijo...

O Profeta Raposo, je je. Está claro que este sistema de rapiña, non nos vai deixar ben parados. Panda de ladróns.

Sun Iou Miou dijo...

Triste é que a historia se repita para mal. Algunha vez vaise repetir para ben?

E eu aquí preocupada por repartir os meus aforros en múltiples contas de bancos diferentes, por se creban, ter os cadanseus 20.000€ garantidos. Pena que con isto da crise igual teño que vender o Porsche. Ou mellor o Cadillac? Vouno pensar, que o Rolls xa ten os seus aniños e talvez entre no plan renove.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Que grandísima verdade. Chegará, desta volta, o sangue ao río? (ou o diñeiro ao mar?)

...non vaia ser que chegue a fin do capitalismo e eu non estea ese día na xanela para poder ollalo.

ekis1331 dijo...

Paréceme un poema moi ben construído, e recórdame un pouco ó Poeta en Nova York de Lorca. En canto ó tema, está claro, é unha vergoña patente.

Paquito de Penas dijo...

Fina pluma a do raposo, si señor.
Eu para combatir a crise decidin apuntarme a un cursiño de Dreamweaver (Tejedor de sueños)e camiñar dúas horas cada día por se temos que botar a correr :-)
Sinceiramente, dalgún xeito, arrepíntome de fuxir da aldea. Patacas, un porquiño e mentras chove, poesía.
Apertas e amistade, meu, que os cartos escarallan os camiños.

Cuspedepita dijo...

Coma bo raposo, é vostede moi sagaz e, coma sempre, escriba sobre o que escriba, sempre o fai ben.
De macroeconomía entendo moi pouco, pero xa fai tempo que notaba que o chan podía desaparecer baixo os nosos pés axiña.
Coma apunta a Dra. Seymour sínto a impotencia do monicreque que alguén manexa como lle da a gaña, sen que poida librarme dos fíos nin das mans que me gobernan a vida.

Chousa da Alcandra dijo...

Absolutamente certo e incontestable a tua reflexión. Finalmente somos sempre os mesmos os que temos que socorrer a un sistema que se encheu de cartos ata os ollos (e por riba restregábanolo nos fuciños).
No referente ao poema...totalmente vixente!. Eu tiña escoitado que o zorro sabía máis por vello que por zorro pero agora xa non sei que pensar.

Unha aperta