miércoles, 18 de marzo de 2009

Futuro negro

O bico, Magritte.

Coñecéronse en tempos difíciles, nada tiñan en común, teoricamente non había porvir naqueles paseos collidos da man polo parque, naqueles bicos con sabor a cubata de vodka e inocencia. Soaban Los Secretos no radiocassette do coche mentres descubrían territorios prohibidos. El era, poñamos por caso, dun barrio chic da capital do reino e ela, un supoñer, dalgunha aldea perdida de Ourense preto da fronteira. Demasiada terra de ninguén entre ambos, as diferencias de clase e ideolóxicas tamén era unha eiva. Os augurios non vaticinaban nada bo; a vella botadora de cartas díxolles que non daba un peso pór eles; na bola de cristal só medraban tormentas. Eran tan distintos que o futuro pintaba negro como noite de lobos. Eran tan inxenuos que, contra todo prognóstico, pensaron que podía funcionar. Pasaron os anos e seguen xuntos, son moderadamente felices.

29 comentarios:

Zeltia dijo...

por un momento pensei que xa lera este post, porque non hai moito que alguén tiña tamén este cadro para ilustrar unha historia. pero era outra historia.
a historia que pintas tí poderíase calificar de romántica, pero con toques tan realistas, que a imos deixar en
moderadamente romántica -como me gustan a min- que non che son nada de andar colgada polo ceo pendurada duns globos hinchados co helio da ensoñación.
E sabinaaaa... bueno, sabina ven aquí moito ó caso, porque tamén ten ise tipo de romanticimo de ás veces botar de menos e outras botar de máis... tan cotidiano.

Mer dijo...

Afortunadamente os prognósticos non atinan sempre.

O amor é totalmente impredecible, e capaz de romper fronteiras de distinta natureza.

Antón de Muros dijo...

Os prognósticos non son máis que iso...

Alédame por eles ;-)

Unha aperta.

Antón.

Carlos Sousa dijo...

Isto é o fermoso. Mira, estes eran incompatibles e ahí os tes. Noutros casos, escoitas "que boa parexa, parece que están feitos un para o outro" e o pouco tempo, batacazo.

Millor así, que a que sexa todo predecible.

E de Sabina, que dicirche, no va más e esta canción moi apropiada.

"Si dos no se engañan, mal pueden tener desengaños, emociones fuertes buscadlas en otra..." en otro post.

Un saúdo.

Barreira dijo...

Moderadamente felices chega para estar moderadamente ben. Si aparte do amor moderado teñen unha saude moderada e mais os petos moderadamente cheos, xa non lles han pedir nada mais á vida con moderación.
E si son felices na vida con moderación han de disfrutar dela intensamente, non moderadamente.
Vaia rollo!!!!.
Saudos.

Alexandre dijo...

As dificultades fan os sentimentos mais resistentes.
Saúdos

Chousa da Alcandra dijo...

E, digo eu, mentras no radiocassete do coche soaban os Prohibidos, descubrían moderadamente os secretos?

(As cousas polas que non se da un peso, cando trunfan, son as que resultan impagables).

HADEX dijo...

Que claustrofóbica me resulta esa obra de Magritte!

En canto ás relacións penso que ninguésn ten dereito a facer pronósticos sobre elas (que non estea directamente implicado, claro)

Artabria dijo...

Non hai nada mellor que o triunfo do amor a pesar de todos os inconvenientes, non si?

noa dijo...

sinceramente, eu pouco daría tamén polo futuro desa parella, pero hai veces que equivocarte senta ben. e ser moderadamente feliz é ó que se pode aspirar ultimamente.

vintxuca dijo...

"un astronauta y una bruja viajan en una burbuja derechitos hacia el sol..." esa canción arxentina que tanto me gusta fala de algo parecido, pero é certo que as veces a lóxica da unha volta e nada remata como comenza, todo consiste en escoller ben o camiño a percorrer, unha aperta.

FraVernero dijo...

Bah, a felicidade de parella é un mito no que creo con tanta forza coma no sistema ptolemáico. Non permita de todas maneiras o Raposo que a amargura e o pesismismo existencial de FV marren de todas maneiras coa posibilidade da Utopía -tamén a sentimental-.

Ex Traño dijo...

o namoramento e un vector transversal nas nosas vidas e empecinase dia tras noite en votar polo chan calquer convencionalismo ou prexuizo e sober de todo en levala contraria ao resto do mundo.

que alegria que sexan MODERADAMENTE felices... pensei que eran felices por seguir moderadamente xuntos...

apertas

paidovento dijo...

A imprevisibilidade do amor. Moi boa a banda sonora, acáelle mellor que Los Secretos, sen dúbida.

paideleo dijo...

As relacións son coma un partido: sábense como empezan pero non como rematan.
Alédome por esa parella.
Non esquezo o viño.

Ra dijo...

Moderadamente felices... tengo que pensarlo :)

Bico, Raposo.

Anónimo dijo...

Sempre preferín os excesos, pero bueno

Bicos

Suso Lista dijo...

Pois quen o iba decir. Calquera cousa pode pasar aída sen moderación. Aperats

Manuel L. Rodrigues dijo...

Vaia; co fermosa que é a canción e co mal que me cae o Sabina...

vakastolas dijo...

Os pronósticos son como as normas, están para rompelos. Boa música para romper normas e pronósticos (e o que faga falta)

Pau dijo...

O amor é o que ten, que consigue ir contracorrente.

LM dijo...

isso passa por fiar-se das bolas de cristal... os que nos criamos com a bruja averia já nem acreditamos nelas...
beijos

Majo dijo...

A min unha vez léronme a man e tamén me dixeron cousas. Atinaron.

Cuspedepita dijo...

Alguén, neste puñetero mundo é algo máis que moderadamente feliz ?
Estou segura de que o segredo desta parella está na súa inxenuidade ;-)

Apertas

rosa enriquez dijo...

As diferenzas non están mal se as distancia non é inmensa, claro. Hai xente que pinta ben xunta polas afinidades e logo nada de nada. Bicos.

A Conxurada dijo...

Fermoso...todo se consegue con paciencia e comprensión.

Suso Lista dijo...

Colletes unhas vacacións? Ou é aprimavera que te ten alterado? Apertas

vermella dijo...

ser feliz moderamemente non é máis que unha mostra do propio egoismo do ser humano que deixa que os demáis non lle deixen ser plenamente feliz.
bicos.

Carlos Sousa dijo...

Que pasou? botaseche en falta.