martes, 25 de agosto de 2009

ATARDECER EN SAMIL


As lolitas postmodernas presumen de moreno raios uva, os homes esconden as barrigas cervexeiras e unha racha de vento esfarela un castelo de area que tres rapaces se empeñan en levantar con mais obstinación que maña.
Hai labirintos que son como dianas e toallas portuguesas nas que descansan as personaxes de Stieg Larsson.
Voan os paxaros nun atardecer de deuses xogando a ser mais altos no ceo, cun fondo de azul marino e illas Cíes.
Alleos a todo unha parella cómese a bicos, dous corpos que loitan por ser un só no mapa avaricioso da paixón.
E agradécese que alguén tararee Moning for notting entre tanto Baute, tanta Marta Sánchez e tanto reggaeton.
Hai patinadoras no paseo, cans sen dono aparente, familias ourensáns con merenda campestre, compulsivos comedores de xelados, vendedores subsaharianos, veraneantes andaluces, adolescentes facendo o pino, peitos a recacha, camisetas de CR9, tatuaxes multicores, chancletas abandonadas, nadadores patosos, ocasionais practicantes de footing, e unha señora esturruxada que lareta polo móbil un diálogo absurdo e intranscendente a xogo con este verán que non remata de estabilizarse.

22 comentarios:

corredoira dijo...

Pois que queres que che diga raposo... xa estamos ca noite pecha e acabas de trasladarme o teu atardecer por samil...gracias pola viaxe visualiceino todiño todo... saudiños

Malaquita dijo...

Nunca pensei que a de Samil puidera ser unha praia tan chea de cousas e tan literaria. A min resúltame un tanto agobiante, pero vista a través dos teus ollos, comezo a pensar que podería converterse nun interesante zoolóxico galego :))))

Apertas!

Raposo dijo...

Corredoira: non é o mesmo que pasear polos lugares máxicos de Sober pero...

Malaquita: en verán é agobiante por concurrida de mais. Agora ben,as veces a fauna é entretida e mesmo pintoresca.

Ra dijo...

Los personajes de Larsson hasta en la sopa, como los andaluces :D

Ricardo Arias dijo...

Unha instantánea moi ben acadada: síntese un aí mesmo. Fíxome lembrar un vran da miña infancia, con bastantes atardeceres en Samil.

Jesús López dijo...

Pois como se o estivera vendo... moi certo iso de que no termina de estabilizarse pero nin o tempo nin a xente... Saudos

Chousa da Alcandra dijo...

Un retrato moi ben pintado. Vexo que tés a paleta ben dotada de fonemas para porlle cor a este verán intrascendente e cheo de "cans sin dono".

Apertas dende a Chousa verde intenso

Artabria dijo...

Aproveita ben os días que quedan de verán, que par o bo que veu......

A.C. dijo...

Escribes con moito xeito Raposo. Xa me gustaría ver a un raposo na praia de Samil observando a fauna que adorna o contorno de patinadoras, tatuaxes multicores e peitos a recacha.

Carlos Sousa dijo...

E os autobuses de portugueses os domingos?
A verdade que é unha pena que sexa unha praia tan saturada, pois a ría de Vigo é ben fermosa, pero bueno, é o que hai. É unha praia que vale para todo, aínda que a min agóbiame.

Imaxínate que miñas irmáns e máis a súa pandilla (bastante numerosa) chegaron a comer un cocido na praia. O dito, hai "xente pa todo".

"Moning for notting"... que marabilla.

Suso Lista dijo...

Bonita estampa Samileña. En Corme as plaias están casi igual que no inverno. Aperta

Ex Traño dijo...

pero que facilidade para facer fotografias, ¿quien se atreve ahora a decir eso de que una imagen vale más que.....

yo prefiero sus letras
apertas rapo

vermella dijo...

Precisión fotográfica,ler e ver foi o mesmo..nunca fun a praia de Samil teño que apuntalo no meu caderno de cousas pendentes...
bicos.

Raposo dijo...

Ra: a verdade a min xa se me están facendo un pouco pesados.
Ricardo Arias: seguramente era mellor na tua infancia, co paso do tempo foise masificando.
Jesus Lopez: Ata o tempo debe de estar en crises...
Chousa da Alcandra: agradecenchese as verbas.
Artabria: fareino.
A.C.: os raposos somos mais de monte, na praia damos o cante... e sen bañador xa nin che conto.
Carlos Sousa: un cocido na praia, mi madriña!! Como para sacarlle unha foto!
Suso lista: Mellor, é unha vantaxe que non estean tan saturadas.
Extraño: Certo é que tamén hai palabras que valen mais que mil imaxes. E non me refiro as miñas!
Vermella: Mellor que veñas fora dos meses de verán. O outono pode ser unha boa época.

Apertas e saudiños a todos-as.

Ana dijo...

Jejejjee..xa me vexo en Samil, moi ben retratado, mellor ímposible.

Eu no verán,intento non ir a Samil, es un pouquitin agobiamte. Escapome a Francón.

Non falo, ni escribo ben o galego,mais polo menos o intento,jejeje

Bicos

Raposo dijo...

Ana: Entendechese perfectamente. Grazas pola visita.

Cuspedepita dijo...

¡Cantas cousas pode ver un se mira ben arredor ! ;-))
Disfruta da praia a pesar de todo.

Apertas

zeltia dijo...

vaia retrato de plaia tan logrado!
samil ou calquera praia grande e popular (en vez de ser de ourense, serían de outro sitio sen mar, pero o mismo conto)
parécense bastante.
xa recordo porque odio as praias no verán.

:-)

raposo, tes que poñer enlaces, que me obligas a ir ó google!

brabido dijo...

Persoalmente son dos que me gusta levar a praia o xusto a "toalla".

PRAADIANTE

Barreira dijo...

Vaia!!! Non falta nada. Boa descripcion do atardecer en Samil.
Tan so che faltou os títeres trompetistas que están no cabo entre as rochas. Anuncian a posta do sol tras as Cies a golpe de cornetín.
Saudos.

noa dijo...

...e está por acabar sen estabilizar.

HADEX dijo...

¡Que envexa sinto dos que vivides ao carón do mar!