viernes, 26 de febrero de 2010

Caos


Sombras nos corredores,
camiñar sobre o gume das nubes,
promesas esquecidas,
aqueles versos na tarde,
un feitizo en 3D,
un libro, un disparo, ningunha randeeira,
retorno a infancia coas ás do desexo,
outra vez mans de neve,
portas que renxen,
derradeira orde,
beizos a piques de dicir algo,
miradas que non están de rebaixas,
enxoval da memoria nos soutos do tempo,
vento mareiro,
anxos en fora de xogo,
reviravoltas na procura da claridade,
overbooking nas encrucilladas,
caos na pálida xeografía do presente,
caos, pequenas coartadas da vida para quen non ten mais noite que estes días grises e sobre a corda frouxa dos propios erros xa só é dono dos seus silencios.
.
Banda sonora: Rosendo

10 comentarios:

fonsilleda dijo...

Fermoso, grazas por pór forma e letra ao meu ser, case de xeito preciso.
É que sempre ando co enxoval da memoria axitado por o vento mareiro.
Bicos.

Bolboreteira dijo...

Vaia! Fermoso esto que escrbiches, parabéns.
Un bico Raposo.

BRABIDO dijo...

Foder fixechelo mezclando o pasado co futuro,cada un sabe as suas.

Xeitos de vivir.

zeltia dijo...

Nos teus poemas as palabras non van envolveitas en nubes de algodón, adornadas con flores, mecidas polas ondas.
van núas, co único vestido da emoción descuberta.
sempre me gustan moito.

a banda sonora, na liña:
Echar las campanas al aire… tantas veces
saber que luchabas en balde… muchas veces
jugar en terreno de nadie… cuantas veces
prisionero del disparate.

Maribel-bel dijo...

A vida, con todo o que provoca e nos provoca, remexementos interiores sen batallas perdidas, gañar o silencio de compañeiro de andares. Bicos sen xeografías dispersas.

Chousa da Alcandra dijo...

Donos dos propios silencios e (presuntas) víctimas das propias verbas pronunciadas.
Ben dito (sin bendecir), Raposo!

Ana dijo...

Me paso a dejarte un besito, hace tiempo que no me pasaba ( ya sabes, tanto cambio de plantila,jeje)

ekis1331 dijo...

versos escuros... pero brilantes

Shucran dijo...

Encantoume o que escribiches, é un pracer lerte.

Mer dijo...

un poema moi caótico

"miradas que non están de rebaixas", encantoume