miércoles, 6 de abril de 2011

Xogando a perder


porque son un animal de paso

furando polas regañas da noite

non esperes bágoas nin despedidas,

nin sequera un húmido bico

que lle dea sentido a este escuro e ardente desexo;

porque son silandeiro,

esvaradío e furtivo,

faite a idea

de que pasarei pola túa vida

sen demasiada pegada.

10 comentarios:

Concha López Fernández dijo...

Ás veces, que menos pegada quere deixar é quen máis fonda a deixa... Vaia vostede saber por que, señor Raposo!

Gsutoume. Abofé que si!

Un saúdo.

mariajesusparadela dijo...

Penso coma Concha.
Debe ser por iso que a memoria garda cousas que no seu momento nos pareceron valeiras de contido.

Dilaida dijo...

Eu teño unha dúbida, dis que non vas deixar pegada, por que non queres deixala ou por que estás convencido que a outra persoa non te valora?.
Se é a segunda opción ao mellor parece o que non é e deixas máis do que pretendes.
Bicos

Bolboreteira dijo...

A min tamén me gustou!
O deixar pegada nos demáis non só depende do que ti pretendas senon que inflúe moito do/da que tes "enfrente".
Biquiños!!

zeltia dijo...

pois deixar pegadas ou non
paréceme a min que non está tanto na vontade de quen "pasa",
se non de quen recolle.

zeltia dijo...

Agora lin os comentarios das outras mulleres...
e vexo que todoas dicimos o mesmo con distintos matices e palabras.

hahaha

pense, raposo

Chousa da Alcandra dijo...

Dende a declaración de intencións (poética)até a realidade posterior (poética ou en prosa) vai un anaco(*).
E perder sen xogar (que tamén pode pasar...) non ten mérito ningún.
Apertas

(*) Anaco: unidade de espazo e/ou tempo, que en Antas ten unha duración moi variábel según conveña ó contexto ou a quen contextualiza

fonsilleda dijo...

Pois é unha pena.
Hai xentiña ca que paga a pena quedar.
O das pegadas só o sinte o que fica.

rui dijo...

home...
é unha declaración de intencións á defensiva

Kaplan dijo...

Ás veces un encontro de segundos pode ter a forza de trastornar toda unha vida.