jueves, 2 de junio de 2011

Sen futuro

Devecía polos solpores e algunhas noites sentábase a contar estrelas. Errático, fugaz, incomprendido, espantaba as sombras que o querían afogar nun vaso de auga. Gustaba dos espellos, os reloxos de area, os labirintos, as mitoloxías nórdicas.
Bebía para non esquecer, berraba para non sentirse tan só.
Experimentou o sabor do desterro e o fracaso. Experto no arte da negociación xamais conseguiu chegar a un acordo. Bo coñecedor dos camiños desconfiaba dos atallos. Era inofensivamente perigoso.
Escribiron sobre el e nunca o soubo: un día antes quedárase sen coartadas para malvivir.

10 comentarios:

Kaplan dijo...

A vida entendida como un oxímoron é o que ten. Fuxamos dela!

A cruz da Campá dijo...

Tanto a foto coma o texto teñen un aquel cetamente inquetante.

A nena do paraugas dijo...

Hai días nos que "mañá será outro día", pero iso non pode converterse en costume, pois a incerteza do mañá ten que dar ás para seguir voando hoxe.

Comparto o dito por A cruz da Campá.

Saúdos.

Xan dijo...

Un tipo e un texto xenial.
Un saúdo

Chousa da Alcandra dijo...

Sí señor; os acordos negociados son outra cousa e os atallos tamén son camiños...Gústame ese tipo que bebe para non esquecer. Cando sexa grande tentarei non parecerme a él moito.

Apertas de Antas

zeltia dijo...

ai, as contradiccións...

Angel Utrera dijo...

o microrrelta moi descriptivo e descorazonador, a realidade dentro do mundo da fantasia e irrealidad da desesperacion global na que esta mos, Tempos grises de tolemia.....¿De quen é a foto, porque gustaria de usala en algunha ocasion, .?

rui dijo...

Vista aérea da soidade, dende lonxe, sempre encantadora ela

zeltia dijo...

que ben di rui: "dende lonxe"...

setesoles dijo...

Este debería ter sido o presidente do Banco Central Europeo. E dos outros tamén. Sempre chegamos tarde, caghontodo...