lunes, 24 de octubre de 2011

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 4)

SINOPSIS:
A afección polo cine animoume a facer unha lista de películas que teñan algún número no título tanto na súa forma cardinal como ordinal. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativas do filme.

Desta tandada (cos números 9, 10, 11 e 12) recomendaría a argentina “Nueve reinas”, a clásica “Los diez mandamientos” e por suposto esa obra mestra de Sidney Lumet que é “12 hombres sin piedad”.
E dúas curiosidades: nunha película actúa Pelé e hai outra que aínda non se estreou, farao o 11 de novembro.


· LA NOVENA PUERTA (Roman Polanski, 1999): Johnny Depp, Lena Olin, Frank Langella, James Russo, Emmanuelle Seigner.
· NUEVE REINAS (Fabian Bielinsky, 2001): Ricardo Darin, Gaston Pauls, Leticia Bredice, Elsa Balaguer, Antonio Ugo, Tomás Fonzi.
· NUEVE DÍAS DE UN AÑO (Mikhail Romm, 1962): Aleksey Batalov, Innokenti Smoktunovsky, Nikolai Plotikov, Tatiana Lavrova, Valentín Nikulin.
· NUEVE SEMANAS Y MEDIA (Adrian Lyne, 1984): Mickey Rourke, Kim Bassinger, Margaret Whitton, Karen Young, Dan Lauria, Christine Baranski.
· EL DÉCIMO HOMBRE (Jack Gold, 1988): Anthony Hopkins, Kristin Scout Thomas, Derek Jacobo, Cyril Cusack, Paul Rogers.
· LOS DIEZ MANDAMIENTOS (Cecil B. DeMille, 1956): Charlton Heston, Yul Brynner, Anne Baxter, Edward G. Robinson,, Edward G. Robinson, Ivonne de Carlo, John Derek.
· 10 + 4 (Mania Akbari, 2007): Mania Akbari, Amin Maher, Mina Hamidi, Behnaz Safari, Bahareh Mosadeghiyan.
· 10.5 (Jhon Lafia, 2003): Beau Brigdes, Kim Delaney, Fred Ward, John Scheneider, Michael Adamthwaite, John Cassini.
· DE DIEZ A ONCE (Pelin Esmer, 2009): Nejat Isler, Mithat Esmer, Tayanc Ayaydin, Savas Akova, Sinan Dugmeci.
· LAS 10:30 DE UNA NOCHE DE VERANO (Jules Bassin, 1966): Melina Mercouri, Romy Schneider, Meter Finch, Julian Mateos, Beatriz Savon.
· LA CUADRILLA DE LOS ONCE (Lewis Milestone, 1960): Frank Sinatra, Dean Martin, Sammy Davis Jr, Angie Dickinson, Peter Lawford.
· ONCE MAS UNO (Terrell Tannen, 1983): Pelé, John Huston, Peter Fox, Jeanetta Arnette, Chris Bringard.
· ONCE DÍAS ONCE NOCHES (Joe D’amato, 1986): Jessica Moore, Mary Sellers, Joshua Mcdonald, David Brandon, Tom Mojack.
· 11/11/11 (Darren Lynn Bousman, 2011): Michael Landes, Timothy Gibbs, Wendy Glenn, Angela Rosal, Lluis Soler.
· 11:14 DESTINO FATAL (Greg Marcks, 2003): Hilary Swank, Patrick Swayze, Barbara Hersley, Rachel Leigh Cook, Ben Foster.
· 12 HOMBRES SIN PIEDAD (Sidney Lumet, 1957): Henry Fonda, Lee J. Cobb, Jack Warden, Ed Begley, John Fiedler, E.G. Marshall.
· 12 +1 (Nicolas Gessner, 1969): Vittorio Gassman, Orson Welles, Vittorio de Sica, Sharon Tate, John Steiner.
· 12:01, TESTIGO DEL TIEMPO (Jack Sholder, 1993): Jonathan Silverman, Helen Slater, Martin Landau, Jeremy Piven, Nicolas Surovy, Robin Bartlett.
· 12:08 AL ESTE DE BUCAREST (Corneliu Porumboiu, 2006): Teodor Corban, Ion Sapdaru, Mircea Andreescu, Cristina Ciofu, Luminita Gheorghiu.
· SUCEDIÓ ENTRE LAS 12 Y LAS 3 (Frank D. Gilroy, 1976): Charles Bronson, Jill Ireland, Damon Douglas, David Roberts, Betty Cole.

11 comentarios:

Kaplan dijo...

Faltoulle Ocean's eleven (e a secuela), e non sei se citarlle ¿Dónde vas Alfonso XII?

Dilaida dijo...

Gústame o cine pero pérdome con tanto nome.
Bicos

Raposo dijo...

KAPLAN: tomo nota das súas suxerencias.
DILAIDA: salvo que un sea moi afeccionado recoñezo que a lista se pode facer un pouco monótona.

Saúdos cordiais.

zeltia dijo...

e acordaste daquela tan famosa (e tan mala) "10" la mujer perfecta!
jaja, bueno, igual o título orixinal era outro

xenevra dijo...

Nueve Reinas, con Darín... e iso que nesta non estaba tan feitiño como agora ;)

paideleo dijo...

Na miña ignorancia cinéfila non sabía que houbese tantas películas con números no título.

Raposo dijo...

ZELTIA: Si, con Bo Derek (ese era o título e tampouco era tan mala). O director era Blake Edwards, un especialista en comedias, lembro por exemplo "Desayuno con diamantes" ou "El guateque".
XENEVRA:pero xa apuntaba boas maneiras.
PAIDELEO: E as que quedan...

Saúdos cinéfilos.

A nena do paraugas dijo...

A meu pai sempre lle gustou moito "Doce del patíbulo". Era así como se titulaba?

Boa escolma de filmes!
Un saúdo.

zeltia dijo...

Pois a min quedoume na retina aquela imaxe da preciosa bo derek e aquel tipo pequeno correndo un cara o outro na area dunha praia. Unha das estampas máis gastadas, ñoña e cursilona. Será por iso que teño a sensación de que era mala.
Mais é posible que disfrutara a comedia no seu día, cando a vin.

:-)

Nin o lembro, haberá tanto diso...!

Raposo dijo...

ZELTIA: Esa debe ser a imaxe máis famosa da película. Co paso do tempo quizáis sexa a única que perdure.

susana moo dijo...

As 3 que resaltas, fantásticas, das que poría na lista de favoritas miñas.
Coas outras xa me perdo un pouco. Interesante lista numérica.