lunes, 17 de octubre de 2011

NEGOCIOS (RUÍNS) DE COMPRAVENDA

Cando era mozo (por cobiza e afán de aventura) decidiu venderlle a súa alma ó demo.
Anos despois (desacougado, coa señardade petándolle por dentro e aproveitando as rebaixas do Nadal) mercou a súa alma a Deus.
So agora empeza a decatarse de que neste tipo de transaccións el é o único perdedor.

10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Sinal inequívoca de que nin a cobiza nin o desacougo son boas razóns para mercar nin para vender.

Filosofía pura, señor Raposo!

A nena do paraugas dijo...

Xa o dicía o meu avó: o mellor é gardar a alma no calcetín, ou no bote das fabas, para poder empregala en caso de emerxencia!

Dilaida dijo...

Vaia por deus! Sempre se lle ocorría facer negocio en mala lúa.
Bicos

zeltia dijo...

iso é por comprar e vender as cousas que non teñen prezo.

Raposo dijo...

CHOUSA: E máis nos tempos que corren.
A NENA DO PARAUGAS: boa idea a do seu avó porque "o que garda sempre ten".
DILAIDA: Hai cousas coas que é mellor non intentar facer negocio.
ZELTIA: nunca mellor dito.

Saúdos cordiais e vémonos en Cash Converters.

Anónimo dijo...

Xa o di o refraneiro que é moi sabio:

"Hoxe mercando, mañá vendendo e imos vivendo."

Gustoume o post, parabéns.
Saúdos.

X de Esmelle

mariola dijo...

A alma nin se compra nin se vende.
Hay que gardala sempre ben agochadiña e quentiña ó lado do corazón.
unha aperta.

Mer dijo...

Nunca confíes nin no ben nin no mal, todos os extremos son perigosos.

xenevra dijo...

Probabelmente o desacougo sería o mesmo se vendese a alma de outro para mercar a súa, ou viceversa. Quizais investila en valores... por aquilo de que os bancos nunca perden. ;)

andré de ártabro dijo...

Un anaco de deus e outro do demo e corpo así valeriro.
Unha apreta