lunes, 26 de diciembre de 2011

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 8)

SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

E para rematar o ano os números do 42 o 54. Recomendacións:
“47 Ronin”, unha boa mostra do cine nipón, unha historia de honor e vinganza baseada en feitos acaecidos no século XVIII, un minucioso achegamento ó sistema feudal xaponés e ó mundo dos samurais. É bastante longa e cun ritmo lento, pero paga a pena vela.
“Límite 48 horas”, entretido film de acción e comedia, cun Eddie Murphy en plena forma (no 90 fixeron unha secuela, “48 horas más”, inferior a esta).
· VERANO DEL 42 (Robert Mulligan, 1971): Jennifer O’Neill, Gary Grimes, Oliver Conant, Lou Frizell, Jerry Houser.
· TEHERAN 43 (Aleksandr Alov y Vladimir Naumov, 1981): Alain Delon, Natalia Belokhvostikova, Curd Jurgens, Claude Jade.
· ESTACION LUNAR 44 (Roland Emmerich, 1990): Michael Paré, Lisa Eichhorn, Dean Devlin, Malcoln McDowell, Leon Rippy.
· COLT 45 (Edwin L. Marin, 1950): Randolph Scot, Zachary Scout, Ruth Roman, Lloyd Bridges, Ian MacDonald.
· CODIGO 46 (Michael Winterbotton, 2003): Tim Robbins, Samantha Morton, Om Puri, Jeanne Balibar, Nina Fogg.
· 47 RONIN (Hiroshi Inagaki, 1962): Koshiro Matsumoto, Yuzo Kayama, Akira Takarada, Yosuke Natsuki, Tatsuya Mihashi.
· LIMTE 48 HORAS (Walter Hill, 1982): Nick Nolte, Eddie Murphy, Annette O’Toole, James Remar, Frank McRae.
· BRIGADA 49 (Jay Rusell, 2004): Joaquin Phoenix, Jhon Travolta, Jacinda Barret, Kevin Daniels, Robert Patrick.
· 50 PRIMERAS CITAS (Peter Segal, 2004): Adam Sandler, Drew Barymore, Rob Schneider, Sean Astin, Allen Covert.
· 50/50 (Jonathan Levine, 2011): Joseph Gordon-Levitt, Anna Kendrick, Anjelica Huston, Seth Roger, Julia Benson.
· EL DOSSIER 51 (Michel Deville, 1978): Françoise Béliard, Gerard Desselles, Patraick Chesnais, Jean Dautremay, jenny Clève.
· 52 VIVE O MUERE (John Frankenheimer, 1986): Roy Scheider, John Glover, Ann Margret, Lony Chapman, Robert Trebor.
· 53 DÍAS DE INVIERNO (Judith Colell, 2007): Mercedes Sampietro, Aina Cloret, Alex Brendemühl, Silvia Munt., Joaquim de Almeida, Celso Bugallo.
· 54 (Mark Christopher, 1998): Ryan Phillippe, Neve Campbell, Salma Hayek, Mike Myers, Breckin Meyer.

Boas festas , saúde e desfruten do cine.

8 comentarios:

Dilaida dijo...

Destas a única que lembro que vin é "Verano del 42", o mesmo vin algunha outra pero polo título, nin idea.
Bicos

Concha L. F. dijo...

Vin "Verano del 42" e "Límite 48 horas". Terei que rebuscar entre as outras suxestións, a ver que hai.

Un saúdo.

Maribel-bel dijo...

Non me sóa ningún título, hai que poñerse as pilas. De todas formas, aproveito para desexarche un bo ano e boas festas de Nadal. Un bico..

zeltia dijo...

vin verano del 42 cuando era niña cuando era joven cuando era vieja
y siemrpe me gustó.

creía que había visto 47 ronin, pero creo que solo se titulaba "ronin" a secas. foi cando souben que o dos ronis e os samurais.

tamén vin 53 días de invierno.

pode que vira algunha outra, pero con esta memoria que teño, podería volver a vela e igual nin me enteraba :-)

Raposo dijo...

"Verano del 42" é unha boa película, esquecinme de poñela entre as recomendacións pero xa me decatei que case todas a vistes.
Boas festas e saúdos en cinemascope e tecnicolor!!

mariola dijo...

Vin "Límite 48 horas", "código 46" e "Verano del 42" . Grazas por deixaranos tantas recomendacións.
Mirareinas máis de cerca.
bicos.

zeltia dijo...

pasei só para deixarche un biquiño de Aninovo,
desexarche cousas lindas.

Chousa da Alcandra dijo...

Que durante a cabalgadura do 2012 vexamos moitas películas (mellor en compañía. Para algunhas o 2 é un bo número...Claro que eu empezo a ser demasiado tradicional...).

Feliz cabalgadura neste 2012!