martes, 29 de noviembre de 2011

TEMPUS FUGIT

O malo do tempo é que non sabe estarse quieto. Bulideiro, hiperactivo, sempre anda de aquí para acolá, sen acougo.
Non ten paradura e así non hai maneira...

martes, 15 de noviembre de 2011

DE NÓS DEPENDE

Cando faltan só uns días para as eleccións xerais quero mostrar aquí unha viñeta de “El Roto” que invita a reflexión.
Reflexionemos, pois.

viernes, 11 de noviembre de 2011

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 5)

SINOPSIS:
A afección polo cine animoume a facer unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

Nesta ocasión a lista é do 13 o 20. De estas suxiro “Los violentos años veinte”, “Felices dieciseis”, do sempre comprometido Ken Loach, e “Trece campanadas” (a peli non é que sexa gran cousa pero sempre presta ver a Luís Tosar).


· TRECE CAMPANADAS (Xavier Villaverde, 2003): Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura, Rosa Alvarez, Elvira Domínguez.
· 13 ASESINATOS Y MEDIO (Mickey Rose, Michael Ritchie, 1981): Kristen Riter, Matthew Goldsby, Joe Flood, Mimi Weddell, Joe Talarowski.
· TRECE POR DOCENA (Walter Lang, 1950): Clifton Webb, Jeanne Crain, Myrna Loy, Betty Lynn, Edgar Buchanan.
· EL 13-13 (Luis Lucía, 1943): Rafael Durán, Ramón Martori, Marta Santaolalla, Alberto Romea.
· CATORCE ESTACIONES (Antonio Jiménez Rico, 1991): Geraldine Danon, Juan Luis Galiardo, Jacques Penot, Mónica Randall, Santiago Ramos.
· 15 MINUTOS (Jhon Herzfeld, 2001): Robert de Niro, Ed Burns, Kelsey Grammer, Avery Brooks, Karel Roden, James Handy.
· 15 AÑOS Y MEDIO (Francois Desagnat, Thomas Sorriaux, 2008): Daniel Auteuil, Juliette Lamboley, Francois Damiens, Lionel Abelanski, Julie Ferrier.
· FELICES DIECISEIS (Ken Loach, 2002): Martin Compston, Annmarie Fulton, William Ruane, Michelle Coulter, Gary McCormack.
· EL NUMERO 17 (Alfred Hitchcock, 1932): Leon M. Lion, Anne Grey, John Stuart, Donald Calthrop, Barry Jones.
· 18 COMIDAS (Jorge Coira, 2010): Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Víctor Clavijo.
· 18 CIGARRILLOS Y MEDIO (Marcelo Tolces, 2010): Hernan Melgarejo, Fera Izak Szmua, Natalia Herreros, Sergio Moguer, Ale Hirschfeld.
· K-19: THE WIDOWMAKER (Kathryn Bigelow, 2002): Harrison Ford, Liam Neeson, Peter Sarsgaard, Joss Ackland, Donald Sumpter.
· LOS VIOLENTOS AÑOS VEINTE (Raoul Walsh, 1939): James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart, Jeffrey Lynn, Gladis George, Paul Kelly.
· VEINTE DOCENAS DE HIJOS (Norman Tokar, 1966): Sherwood Ball, William Soo, Luana Petter, Tol Avery, Kit Lloyd.
· 20: 30: 40 (TRES VIDAS Y UN SUEÑO) (Sylvia Chang, 2004): Sylvia Chang, Rene Liu, Angelica Lee, Kate Yeung, Richie Ren.

lunes, 7 de noviembre de 2011

MEXADA POPULAR

Naceu nun país afeito a que mexen por un e ter que dicir que chove. Pero este can é espabilado e debeu pensar “antes mexo eu por eles”.
E aquí o tedes, ouriñando con chulería non exenta de gracia e donaire.
Para que logo digan que os carteis políticos non fan servicio!