martes, 7 de febrero de 2012

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 10)

SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

Nesta ocasión a lista vai do número 71 o 85. Recomendo “Wínchester 73”, un estupendo wester de Anthony Mann, especialista do xénero con títulos tan interesantes como “Horizontes lejanos”, “El hombre de Laramie” ou “El hombre del oeste”. Interesante tamén “84 charing cross road” (aquí estreada como “La carta final”). Para fans do xenial Cantinflas está “La vuelta al mundo en 80 días” e para os afeccionados as catástrofes aéreas tres entregas da saga “Aeropuerto” (daquela creo que aínda non voaba Spanair).

· 71 FRAGMENTOS DE UNA CRONOLOGÍA DEL AZAR (Michael Haneke, 1994): Gabriel Cosmin Urdes, Lukas Miko, Otto Grünmandl, Anne Rennent, Udo Samel.
· TORMENTA DE FUEGO: 72 HORAS EN OAKLAND (Michael Tuchner, 1993): Jill Clayburg, Levar Burton, Keone Young, Jodi Long.
· WINCHESTER 73 (Anthony Mann, 1950): James Stewart, Shelley Winters, Dan Duryea, Charles Drake, Stephen McNally.
· ASESINATO EN EL 75 BIRCH (Michael Scott, 1999): Melissa Gilbert, Gregory Harrison, Vyto Ruginis, Wendel Meldrum.
· CLASE DEL 76 (Ashley Pearce, 2005): Robert Carlyle, Daniel Mays, Sean Gallagher, Claire Skinner, Anton Lesser.
· 76-89-03 (Cristian Bernard y Flavio Nardini, 2000): Sol Alac, Sergio Baldini, Gerardo Chendo, Diego Mackenzie, Claudio Rissi.
· AEROPUERTO 77 (Jerry Lameson, 1977): Jack Lemmon, Lee Grant, Brenda Vaccaro, Joseph Cotten, George Kennedy.
· AEROPUERTO 78 (David Lowell Rich, 1977): Peter Graves, Lorne Greene, Barbara Anderson, Billy Cristal, Robert Reed.
· AEROPUERTO 79 (David Lowell Rich, 1979): Alain Delon, Susan Blakely, Robert Wagner, Silvia Kristel, George Kennedy.
· LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS (Michael Anderson, 1956): David Niven, Mario Moreno “Cantinflas”, Charles Boyer, Marlene Dietrich, Frank Sinatra, Shirley MacLaine.
· DOWNTOWN 81 (Edo Bertoglio, 1981): Jean-Michel Basquiat, Vincent Gallo, Deborah Harry, Tom Baker, Roberta Bayley.
· SPORTLOTO 82 (Leonid Gaidai, 1982): Algis Arlauskas, Svetlana Amanova, Andrei Tolshin, Mikhail Pugovkin.
· 83 HORAS HASTA EL ALBA (Donald Wrye, 1990): Peter Strauss, Robert Urich, Samantha Mathis, Victor Brandt.
· 84 CHARING CROSS ROAD (David Hugh Jones, 1987): Anne Bancroft, Anthony Hopkins, Judi Dench, Maurice Denham.
· EL ABUELO CUMPLE 85 (Nell Cox, 1997): Robert Stanton, Rya Kihlsledt, Jane Krakowski, Polly Draper.

5 comentarios:

A nena do paraugas dijo...

Sen lugar a dúbidas, quédome con Cantinflas, aínda que seguirei as súas recomendacións, pois algunha das que nomea nin lembro se as vin.

Saudiños.

zeltia dijo...

pooooois non pode ser que non vise ningúnha desas!,
pero se as vin non lembro o título.

:-(

pensei que vira máis cine!

Raposo dijo...

A nena do paraugas: Unha boa elección.
Zeltia: Algunhas delas tampouco as vin eu, que conste.

Saúdos cinéfilos.

xenevra dijo...

Non che queda ná ata chegar á Celda 211. Por certo, eu tampouco vin ningunha destas... e non me gustan as de vaqueiros, supoño que por saturación familiar.
Boa fin de semana, bk

Dilaida dijo...

Se vin algunha, de verdade que non a lembro polo título.
Bicos