lunes, 16 de enero de 2012

FRAGA

Morreu o vello fascista,
non serei eu quen o sinta.

jueves, 12 de enero de 2012

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 9)




SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

Hoxe a lista vai do 55 o 70, entre as que recomendo “55 días en Pekín” e “Búffalo 66”. Non atopei nada cos números 58 e 64, si alguén sabe dalgunha que mo diga. En calquera caso, conforme os números soben esto vai ser máis habitual.
O prolífico director español Pedro Lazaga figura nada menos que con 3 títulos. Si a calidade fora acorde coa cantidade de películas que fixo estaríamos ante un director xenial. Non é o caso e os seus filmes son normaliños tirando a malos.

· 55 DÍAS EN PEKÍN (Nicholas Ray, 1963): Charlon Heston, Ava Gardner, David Niven, Jhon Ireland, Flora Robson.
· LA CASA DE LA CALLE 56 (Robert Florey, 1933): Ricardo Cortez, Kay Francis, Margaret Lindsay, Gene Raymond, John Halliday.
· PASAJERO 57 (Kevin Hooks, 1992): Wesley Snipes, Bruce Payne, Tom Sizemore, Michael Horse, Elizabeth Hurley.
· PSIQUE 59 (Alexander Singer, 1964): Curd Jürgens, Patricia Neal, Samantha Eggar, Ian Bannen, Elspeth March.
· 60 SEGUNDOS (Dominic Sena, 2000): Nicholas Cage, Angeline Jolie, Robert Duvall, Giovanni Ribisi, Will Paton.
· 61 (Billy Crystal, 2001): Thomas Jane, Barry Pepper, Chris Baner, Richard Masur, Jennifer Crystal.
· DETECTIVE PRIVADO 62 (Michael Curtiz, 1933): William Powell, Margaret Lindsay, Gordon Westcott, Ruth Ronnelly, James Bell.
· EVA 63 (Pedro Lazaga, 1963): Laura Valenzuela, Elisa Montés, Jesus Puente, Soledad Mianda, Elvira Quintillá.
· TU VIDA EN 65 MINUTOS (María Ripoll, 2006): Javier Pereira, Marc Rodríguez, Tamara Arias, Oriol Vila, Irene Montalá.
· BUFFALO’ 66 (Vincent Gallo, 1998): Vincent Gallo, Christina Ricci, Anjélica Huston, Mickey Rourke, Ben Gazzara, Rosanna Arquette.
· OPERACIÓN 67 (René Cardona, 1967): Santo, Jorge Rivero, Elizabeth Campbell, José Luis Caro, Noé Murayama, Olga Morris.
· NOVIOS 68 (Pedro Lazaga, 1967): Arturo Fernández, Sonia Bruno, Jose Luis López Vázquez, Teresa Gimpera, Alfredo Landa, Gracita Morales.
· 69 (Lee Sang-il, 2004): Satoshi Tsumabuki, Masanobu Ando, Yuta Kanai, Asami Mizukawa,Yoko Mitsuya.
· VERANO 70 (Pedro Lazaga, 1970): Juanjo Menéndez, José Sazatornil, Jesús Puente, La Polaca, Mónica Randall, Rafaela Aparicio.
· SETENTA VECES SIETE ( Leopoldo Torre Nilsson, 1962): Isabel Sarli, Francisco Rabal, Jardel Filho, Alberto Barcel, Blanca Lagrotta.

domingo, 1 de enero de 2012

DESEXOS

Que Rajoy non se pase con recortes,
que Risco deixe de dar a vara coa súa Prima,
que o Escobar atope o carro dunha puta vez,
que un posto de traballo non sexa tan esquivo,
que as ondas da friaxe non conxelen as ideas,
que a cobiza dos especuladores non dominen os mercados,
que os corruptos paguen polas súas falcatruadas,
que as mentiras non teñan futuro,
e que nos sigamos vendo de cando en vez
por este acubillo da blogosfera.

Bo ano e saúde.