miércoles, 22 de febrero de 2012

WYOMING (Y LOS INSOLVENTES)

Aparte de presentar na Sexta “El Intermedio” (un dos programas máis recomendables de toda a oferta televisiva), O Gran Wyoming é médico, actor, escritor, músico, guionista.
Irreverente, lúcido, cachondo, caústico, showman, este madrileño tamén ten un grupo de rock chamado Wyoming y los Insolventes. Este venres, 24 de febreiro, actúan en “El Ensanche”, Vigo. Si vos pilla cerca e tedes tempo ide a velos. Vale a pena!

miércoles, 15 de febrero de 2012

VENDETTA





O longo dos anos Garzón labrouse un bo número de inimizades. Eu pensaba (inxenuo de min) que eses inimigos eran os corruptos, traficantes, mafiosos, terroristas e delincuentes en xeral que o xuíz con tanto empeño perseguiu. Pero parece que tamén os ten dentro do sistema xudicial, na súa propia casa, e xa se sabe que non hai peor cuña ca da propia madeira.
So así se pode explicar esta campaña de denuncias, de acoso e derrubo, que deixa unha sensación de conspiración, de axuste de contas, para quitar do medio a un xuíz que para certos sectores resulta demasiado incómodo.
Como senón se pode explicar que por esa inmensa trama de corrupción que é o Gurtel o primeiro condenado sexa o xuíz que a investiga?
Como senón se pode explicar que polos crimes do franquismo se acuse a quen busca os corpos da vítimas?
Parece como si o veredicto estivera decidido de antemán: había que darlle un escarmento e si polo dos Tribunal Supremo fora Garzón sería declarado culpable do cambio climático, da transmisión da gripe A e da morte de Manolete.

Algo cheira a podre na xustiza, algo vai moi mal. E agora veñen os membros do goberno, a portavoz Soraya Saenz de Santamaría, a portavoz do Consello Xeral de Poder Xudicial, e dinnos que hai que respectar a sentenza.
Pois non, hai que acatala porque non nos queda outra, pero non hai porqué respectar o que se considera inxusto. Eu a considero inxusta, moi inxusta e, xa que logo, non a respecto, nin a sentenza nin os compoñentes do Tribunal Supremo que a dictaron. Estes individuos danme noxo e sinto por eles un total desprezo e os maldigo. E van ter sorte porque son un bruxo moi torpe e as miñas maldicións rara vez teñen efecto. Senón íano pagar caro.
Que ninguén pense que lles desexo a morte, non, para nada. Pero si de min dependera expulsaríaos do Tribunal Supremo porque non son dignos dese posto, poñeríaos a limpar retretes que coido que é un traballo máis acorde coa súa conciencia, e padecerían para sempre dunhas almorrás superdoorosas.

martes, 7 de febrero de 2012

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 10)

SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo gradualmente na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e tamén combinacións de ese número con outros, procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

Nesta ocasión a lista vai do número 71 o 85. Recomendo “Wínchester 73”, un estupendo wester de Anthony Mann, especialista do xénero con títulos tan interesantes como “Horizontes lejanos”, “El hombre de Laramie” ou “El hombre del oeste”. Interesante tamén “84 charing cross road” (aquí estreada como “La carta final”). Para fans do xenial Cantinflas está “La vuelta al mundo en 80 días” e para os afeccionados as catástrofes aéreas tres entregas da saga “Aeropuerto” (daquela creo que aínda non voaba Spanair).

· 71 FRAGMENTOS DE UNA CRONOLOGÍA DEL AZAR (Michael Haneke, 1994): Gabriel Cosmin Urdes, Lukas Miko, Otto Grünmandl, Anne Rennent, Udo Samel.
· TORMENTA DE FUEGO: 72 HORAS EN OAKLAND (Michael Tuchner, 1993): Jill Clayburg, Levar Burton, Keone Young, Jodi Long.
· WINCHESTER 73 (Anthony Mann, 1950): James Stewart, Shelley Winters, Dan Duryea, Charles Drake, Stephen McNally.
· ASESINATO EN EL 75 BIRCH (Michael Scott, 1999): Melissa Gilbert, Gregory Harrison, Vyto Ruginis, Wendel Meldrum.
· CLASE DEL 76 (Ashley Pearce, 2005): Robert Carlyle, Daniel Mays, Sean Gallagher, Claire Skinner, Anton Lesser.
· 76-89-03 (Cristian Bernard y Flavio Nardini, 2000): Sol Alac, Sergio Baldini, Gerardo Chendo, Diego Mackenzie, Claudio Rissi.
· AEROPUERTO 77 (Jerry Lameson, 1977): Jack Lemmon, Lee Grant, Brenda Vaccaro, Joseph Cotten, George Kennedy.
· AEROPUERTO 78 (David Lowell Rich, 1977): Peter Graves, Lorne Greene, Barbara Anderson, Billy Cristal, Robert Reed.
· AEROPUERTO 79 (David Lowell Rich, 1979): Alain Delon, Susan Blakely, Robert Wagner, Silvia Kristel, George Kennedy.
· LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS (Michael Anderson, 1956): David Niven, Mario Moreno “Cantinflas”, Charles Boyer, Marlene Dietrich, Frank Sinatra, Shirley MacLaine.
· DOWNTOWN 81 (Edo Bertoglio, 1981): Jean-Michel Basquiat, Vincent Gallo, Deborah Harry, Tom Baker, Roberta Bayley.
· SPORTLOTO 82 (Leonid Gaidai, 1982): Algis Arlauskas, Svetlana Amanova, Andrei Tolshin, Mikhail Pugovkin.
· 83 HORAS HASTA EL ALBA (Donald Wrye, 1990): Peter Strauss, Robert Urich, Samantha Mathis, Victor Brandt.
· 84 CHARING CROSS ROAD (David Hugh Jones, 1987): Anne Bancroft, Anthony Hopkins, Judi Dench, Maurice Denham.
· EL ABUELO CUMPLE 85 (Nell Cox, 1997): Robert Stanton, Rya Kihlsledt, Jane Krakowski, Polly Draper.

jueves, 2 de febrero de 2012

VAI SER COUSA DE PRIMOS

Eu cada vez o teño máis claro: nin José Luis Rajoy nin Mariano Zapatero, o único que pode meter en cintura á prima de Risco é o primo de Zumosol.