jueves, 24 de mayo de 2012

Os nomes das cousas

chamemos as cousas polo seu nome:
nordés, mastro, randeeira,
caldo, seitura, xoaniña.
chamemos cabrón ó presente,
absurdo ó futuro,
insoportábel á espera.
digamos que hoxe é maio e xoves,
que a noite, lenta e gastada,
esvara sobre os fanais e os gatos,
que nalgún lugar alguén maldice este insomnio.

chamemos as cousas polo seu nome:
xergón, améndoa, laverca,
lousa, funil, caderno, esternocleidomastoidedos.
busquemos na tenrura das sombras
o roce silandeiro das verbas
e digamos en voz alta as palabras máxicas
que non se atopan nos dicionarios,
as palabras agochadas no tempo,
prohibidas, necesarias, vitais.

chamemos as cousas polo seu nome: X.

domingo, 6 de mayo de 2012

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 12)


SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes, documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos actores/actrices mais representativos-as do filme.

Nesta centena non hai moito que recomendar. Si acaso, “Asalto al tren Pelham 123”, un remake bastante aceptable da peli de 1974, aínda que predecible e cun final frouxo e decepciónante; “Ultima parada 174”, boa mostra do cine brasileiro, social e de denuncia; “200 cigarrillos”, unha mirada nostálxica os anos 80; e como curiosidade a de Pier Paolo Pasolini, non é que sexa boa pero poida que nunca virades unha igual: dura, perversa, provocadora, obscena, non apta para estómagos brandos.

• 101 REIKIAVIK (Baltasar Kormatur, 2000): Victoria Abril, Hilmir Snaer Gudnason, Hanna María Karlsdottir, Baltasar Kormatur.
• 102 DÁLMATAS (Kevin Lima, 2000): Glenn Close, Gerard Depardieu, Alice Evans, Ian Richardson, Tim McInnery.
• ZOMBIE 108 (Joe Chien, 2012): Hsiang Rong, Tai Bao, Yvonne Yao, Will Liu.
• PATRULLERO PT 109 (Leslie H. Martinson, 1963): Cliff Robertson, James Gregory, Robert Culp, Ty Hardin, Robert Blake.
• PANICO EN LA CALLE 110 (Barry Shear, 1972): Anthony Quinn, Yaphet Kotto, Anthony Franciosa, Ed Bernard, Richard Ward.
• KILOMETRO 111 (Mario Soffici, 1938): Pepe Arias, Delia Garcés, Angel Magaña, Juan Bono, Inés Edmonton.
• OSS 117: EL CAIRO, NIDO DE ESPÍAS (Michel Hazanavicius, 2006): Jean Dujardin, Berenice Bejo, Aure Atika, Said Amadis, Constantin Alexandrov.
• SALÓ O LOS 120 DÍAS DE SODOMA (Pier Paolo Pasolini, 1975): Paolo Bonacelli, Giorgio Cataldi, Aldo Valletti, Caterina Boratto, Sonia Saviange.
• ASALTO AL TREN PELHAM 123 (Tony Scott, 2009): Denzel Washington, John Travolta, James Gandolfini, John Turturro, Jordan Gelber.
• CALLE MONTMARTRE 125 (Gilles Graugier, 1959): Lino Ventura, Andrea Parisy, Robert Hirsch, Dora Doll., Pierre Collet.
• 127 HORAS (Danny Boyle, 2010): James Franco, Kate Mara, Amber Tamblyn, Clemente Poesy, Kate Burton.
• APARTAMENTO 143 (Carles Torrens, 2011): Kai Lennox, Michael O’Keefe, Rick Gonzalez, Fermí Reixach, Fiona Glascott.
• ULTIMA PARADA 174 (Bruno Barreto, 2008): Michel de Souza, Chris Vianna, Marcello Melo Junior, Gabriela Luiz, Anna Cotrim.
• 180 GRADOS (Raúl Perrone, 2009): Ezequiel Zabella, Mariam Fernández, Gaston Cambiasso, Sergio Boggie, Claudia Pontoriero.
• TURK 182 (Bob Clark, 1985): Timothy Hutton, Robert Urich, Kim Cattrall, Robert Culp, Peter Boyle, Paul Sorvino.
• 187 (Kevin Reynolds, 1997): Samuel L. Jackson, John Heard, Kelly Rowan, Tony Plana, Karina Arroyave.
• 199 RECETAS PARA SER FELIZ (Andrés Waissbluth, 2008): Alex Brendemühl, Jordi Sauder, Pablo Macaya, Tamara Garea, Andrea García-Huidobro.
• 200 CIGARRILLOS (Risa Bramon García, 1999): Courtney Love, Christina Ricci, Martha Plimpton, Ben Affleck, Gaby Hoffmann.

miércoles, 2 de mayo de 2012

QUERER OU PODER

Si abriran cara o ceo unha autopista,
si alguén me esperara na estación,
si tivera eu alma de artista
ben podería escribirche unha canción.
Pero, xa ves, son parvo, medroso, egoísta,
atrapado no foxo da indecisión,
e quedo aquí, nesta beira da pista,
rabuñando as portas do teu corazón.