sábado, 29 de diciembre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO


Non contaba eu con facer máis entradas tendo en conta que os maias sempre me pareceron xente cumpridora e formal. Pero se ve que  as súas prediccións teñen o mesmo valor que as promesas de Rajoy.
Xa que logo, o mundo non rematou. Pero o que está a piques de rematar, desto non hai dúbida, e o 2012. E que mellor que facelo, penso eu, lembrando a Celso Emilio Ferreiro, a 100 anos do seu nacemento. Razón máis que suficiente para honrar a súa memoria e a súa poesía que sigue  tan vixente coma sempre.
E, xa de paso, desexarllos un bo 2013, na medida do posible.

FALAREIVOS DE MIN

Falareivos de min anque que me doan
as escuras raíces dos meus soños.
Celso Emilio me chaman pero eu teño
outros nomes máis irtos apuntados
nun rexistro de ventos polifónicos
cun fondo musical de frauta triste.

Meus nomes sen palabras. Mainamente,
de par en par abertas sempre as portas,
espallándome vou polos camiños
co corazón aceso en cen abrentes,
nas mans a luz, nos ollos margaridas,
e unha piedade de río sen orelas.

Neno que fun e son, pésanme os anos
cangados de minutos e de días,
de beixos e de cárceres. Cadeas,
lóstregos, vermes, homes en ringleira
baixo a chuvia, esa flor nada no outono.

Lonxana  primavera nunca volta,
que nun intre vivín de pedra ou arbre,
canle de Dios que cara o mar me leva,
xílgaro azul, ronseis do pasado,
feridas coma labres no remorso.

Andando vou, alporizado o corpo
nun latexo sen fin que me agriloa.

Eisí me chamo eu. En fume escritos
os meus nomes están. Vádeos dicindo
cun fondo musical de frauta triste,
de bágoas esbarradas
petándome decote nas pupilas.
Vádeos dicindo en verbas pequeniñas
como coitelos fríos pola gorxa.

Non me chame ninguén por outros nomes,
alcumes meus en fírgoas entrevistos,
escura voz dun soño sulagado.

* Do libro "O soño sulagado", 1955.
 

jueves, 20 de diciembre de 2012

PODERÍA FALAR DE NUBES

Francisco Castiñeira, o do blog “Chove en ningures” presentou hoxe en Vigo o seu novo libro de relatos  “Podería falar de nubes”. A cita foi as 20:30 h. na librería Cartabón, Urzaiz 125, presentado por Fran Zabaleta e  María Lado.
Un tipo simpático este Castiñeira, afable, cordial: contou anécdotas relacionadas co libro, debullou por enriba os contos e deixounos con ganas de mergullarnos nas súas historias.
De alí veño co seu libro dedicado,  que lerei este Nadal si a predicción maia o permite e mañá non se esborralla todo o planeta.

martes, 18 de diciembre de 2012

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 19)



SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal.  Excluín curtametraxes,  documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos intérpretes  mais representativos.

Hoxe vai do 1851 ata ó 1930.
Recomendacións: por suposto, "1900", dirección, fotografía, música, todo está impecable, e as interpretacións (De Niro, Depardieu, Donald Sutherland) moi logradas. E demasiado longa (315 minutos) pero neste caso pódese desculpar.
"1919, Crónica del Alba", recreación dun momento convulso da historia de España, baseada na obra de Ramón J. Sender.

·        TEXAS, 1870 (Gianfranco Parolini, 1971): Lee Van Cleef, Giampiero Albertini, Jacqueline Alexandre, Reiner Schöne.
·        LA COMUNA, PARIS 1871 (Peter Watkins, 2000) : Pierre Barbieux, Eliane Annie Adalto, Bernard Bombeau, Anne Carlier.
·        1888, EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LA SANTA ISABEL (Alfredo J. Anzola, 2005): Marco Villarrubia, Kristin Pardo, Ronnie Nordenflycht, Elba Escobar.
·        1900 (Bernardo Bertolucci, 1976):  Robert de Niro, Gérard Depardieu, Dominique Sanda, Stefanía Sandrelli, Donald Sutherland.
·        INSPECCION DE LA ESCENA DEL CRIMEN 1901 (Filip Bajon, 1980): Tadeusz Lomnicki, Jerzy Stuhr, Daniel Olbrychski, Wieslaw Drzewicz.
·        1911 (Jackie Chan, Li Zhang, 2011): Jackie Chan, Bingbing Li, Winston Chao, Joan Chen, Wenli Yiang.
·        EL HERMOSO VERANO DE 1914 (Christian de Chalonge, 1996):  Claude Rich, María Pacôme, Robinson Stévenin, Judith Henry.
·        TROPAS DE ASALTO 1917 (Ludwig Schmid-Wildy,  Hans Zöberlein, 1934): Ludwig Schmid-Wildy, Beppo Brem, Kart Hanft, Georg Emmerling.
·        1918 (T. J. Särkkä, 1957): Ake Kindman, Annneli Sauri, Sirkka Breider, Ture Ara.
·        1919, CRÓNICA DEL ALBA (Antonio José Betancor, 1983): Miguel Molina, Cristina Marsillach, Emma Suárez, Saturno Cerra, Fernando Sancho.
·        1920, LA BATALLA DE VARSOVIA (Jerzy Hoffman, 2011): Borys Szyc, Natasza Urbanska, Adam Ferency, Jerzy Bonczak.
·        1922 (Nikos Koundouros, 1978): Antigoni Amanitou, Eleanora Stathopoulou, Zaharias Rohas, Betty Valassi.
·        LOCURAS 1929 (David Butler, 1929): DeWitt Jennings, David Rollins, WarenHymer, Lola Lane.
·        VAMPIRESAS 1930 (Jesús Franco, 1962): Lina Morgan, Antonio Ozores, Antonio Garisa, Yves Massard, Trini Alonso.

jueves, 6 de diciembre de 2012

MEDIA TARDE

Pingueiras grosas
rebotan no asfalto.
Os coches pasan lentos
baixo a bategada.
A cidade parece durmida
neste día da Constitución
pasado por auga.


miércoles, 5 de diciembre de 2012

MENTIROSO COMPULSIVO


Cada vez que vexo a Rajoy lémbrome de Jim Carrey en “Mentiroso compulsivo”, un tipo que se pasaba a película facendo carantoñas grotescas e mentía máis ca falaba.
Rajoy, o mentirán, estase especializando en facer o contrario do que di que vai facer, con toda a caradura  do mundo.
Dixo que non ía subir o IRPF e foi o primeiro que fixo en canto chegou o poder.
Dixo que non ía subir o IVA, pois subiuno, e de carallo.
Asegurou que non habería rescate a Banca e xa vedes.
Negou que fora aplicar o copago sanitario. Agora miña nai está pagando o mes 7,54  € polas medicinas que ten que tomar.
Prometeu que non habería recortes en Sanidade, Educación e Dependencia, e entrou neses departamentos a saco parecendo talmente Eduardo Manostijeras.
Dixo que non recortaría as prestacións por desemprego e vaia si as recortou.
Prometeu que revalorizaría as pensións conforme o IPC, pois vai ser que tampouco.
Canta doses de paciencia ten que ter pobo español para aguantar a este desvergonzado no poder?