martes, 22 de enero de 2013

Febre do sábado noite


Pasou a xunto a el
como unha brisa fresca
con reflexos de luceiros.
O compás dos seus tacóns
paráronse os reloxos.
Quixo  chamala
pero xa se perdera
no tobogán da pista de baile.
Outra noite perdida.
Xa nin o alcohol servía de coartada.


4 comentarios:

Noa dijo...

Cantas veces!

zeltia dijo...

paréceme ver a bóla xiratoria, as cores, os tacóns...

(mais ese primeiro verso sóame estraño aos ouvidos)

mariola dijo...

Mágoa de voltar só de novo a casa.
un bico.

Mar e Lúa dijo...

Debería habelo intentado... Cantas veces a coartada do alcohol fai que se perdan as noites!