miércoles, 30 de enero de 2013

Ollos de barro

Miráronse de fronte,
sen palabras,
nada tiñan que dicir.
Fóra o mundo desfacíase
como un castelo de area.
Ía frío e nos camiños
borrábanse as pisadas.
Os que teñen barro nos ollos
un día pestanexarán
e dominarán as estrelas.

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O mundo desfaise sen que medie, tan siquera, un pestanexo.

mariola dijo...

Dominar as estrelas e poder cambiar o rumbo. Si.
un bico.

Xan dijo...

Non hay cunca nin balado, nin alambradas que deteñan os soños.
Saúdos

zeltia dijo...

Dende os anos dese frame da peli do rei pescador so choveu para encharcarnos ata estar xa a punto de afogar