jueves, 17 de octubre de 2013

O CAOS

O descapotable de James Dean está a piques de esnafrarse na Interestatal 80 contra a nave Enterprise na que Han Solo e Chewbacca xogan despreocupados ó mus mentres na zona de carga o Capitán Trueno estalle a dar unha marimba a Sigrid porque a pillou fozando na entreperna do tenente Colombo. O doutor Hannibal Lecter olla a escena e sorrí despreocupado mentres come un churrasco pouco feito nun mesón de Castro Caldelas.

3 comentarios:

Alís dijo...

Tan mal che sentou ese churrasco de Castro Caldelas? Pois eu comín moi ben alí.

Bicos

Jorge Cimadevila dijo...

En Castro Caldelas cómese ben e bébese bo viño, o que non quita que a teoría do caos se poñan en práctica :D

Concha L. F. dijo...

E... O churrasco, de que era?

Bórdalo, meu! Cando sexa grande, quero saber bordar así...