jueves, 11 de abril de 2013

CANDO ESCAPAR É INÚTIL


Un día descubriu o verdadeiro rostro desta cidade; desde entón non deixou de fuxir dela.
Esforzo inútil. “Non atoparás outras terras nin outros mares. A cidade irá contigo a onde vaias”,  escribiu Cavafis.

lunes, 1 de abril de 2013

CONVALECENCIA


Abrigarse ben, tomar as menciñas 3 veces o día, investir en  sobredoses de TV, beber moita auga, ir da cama para o sofá e viceversa, chamar por teléfono, esperar que baixe a febre, e durmir co ruído de fondo das pisadas de Liam Neeson que corre por Berlín a procura da súa identidade.