viernes, 17 de mayo de 2013

FALEMOS GALEGO


Tal día como hoxe ben está lembrar esta canción de A RODA.

martes, 7 de mayo de 2013

NON DARNOS POR VENCIDOS

Este ceo ten a mirada triste
como un peregrino
que ven de moi lonxe.
O horizonte busca unha saída
detrás do ronsel que deixan as nubes.
Polos tellados liscan
os que non queren morrer como heroes,
alí  as distancias son máis curtas,
ninguén pregunta polos anxos perdidos
e as feridas cicatrizan antes.
Sinto a choiva.
A través das pingueiras podo ver
ó neno que fun hai moito tempo
no outro lado do mundo.