jueves, 27 de junio de 2013

PASAR A TARDE

Ti lees un manual de supervivencia
para os cazadores de recompensas
mentres eu pregunto onde enterramos os nosos soños
cando case non recoñezo as miñas lembranzas.
Esta tarde só se admiten proposicións serias:
a querela dun suicida
que trae un coitelo entre os dentes,
desconxelar versos do frigorífico,
ou saltar pola xanela
á procura do pasado
agora que están parados tódolos reloxos.