miércoles, 5 de febrero de 2014

Cousas da terra

Os carreiros recordan as pisadas que recibiron; os montes lémbranse de cada aturulo que escoitaron; os carballos conservan no disco duro dos aneis cada calistro, cada invernía que padeceron; as ribeiras acórdanse das voces, dos risos e das pingas de suor dos homes; a terra garda a memoria de tódolos marcos.
Nada de isto se tivo en conta no decreto de aprobación de concentración parcelaria.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Os DOGas e mailos BOEs segan, sen piedade, os fíos da memoria. Son coma motoserras. Non teñen cadea nin espada; pero tronzan igualiño.

mariola dijo...

Despois das palabras de chousa queda ben clariño.
Así é,desgraciadamente.
Dicir que non pensei que iba a ir por ahí o poema e sorprendeume o final.
bicos.

Concha L. F. dijo...

Quen lexisla padece de desmemoria crónica e aguda ao mesmo tempo...