jueves, 5 de enero de 2017

Sobrevivir ó 2017



Sobreviviremos a este 2017 a pesar da inxesta desmesurada de doces, turrón e outras larpeiradas, a pesar de Trump e King Jong-un, dos bronquios e o tecno-pop, das ausencias que non se esquecen, do ardor de estómago e a xeada, dos chivatos e o IPhone 7, do Gayoso, María Jesús y su acordeón y sus inefables pajaritos, das hipotecas con cláusula suelo, de Bárcenas, Blesa, Rato e María Patiño, da lei da selva e os bicos de Xudas, do caruncho e a nitroglicerina, do euribor e as marchas militares, dos ceros  a esquerda, da letra pequerrecha dos contratos.

Sobreviviremos

7 comentarios:

unanotadiscordante dijo...

https://youtu.be/1F81S50xL8I
😉

paideleo dijo...

Un máis que se apunta a sobrevivir este ano 2017.

Chousa da Alcandra dijo...

Amén

Zeltia dijo...

A estas alturas da vida, en cada ano que termina, síntome sobrevivente.

mariola dijo...

Si, supervivintes.

barrincoia dijo...

E, curados de espanto, afinaremos o noso instinto para ir pisando o chan que se abre baixo os pes, amodiño para que a terra non nos engulla a todos-as. E, sobreviviremos, sendo nos mesmos para acadar un todo.
Maloserá!

Adriana Alba dijo...

Un gusto conocer tu espacio.
Te vi en el Blog de Mariola y tuve curiosidad.

Saludos desde Argentina.