miércoles, 18 de marzo de 2009

Futuro negro

O bico, Magritte.

Coñecéronse en tempos difíciles, nada tiñan en común, teoricamente non había porvir naqueles paseos collidos da man polo parque, naqueles bicos con sabor a cubata de vodka e inocencia. Soaban Los Secretos no radiocassette do coche mentres descubrían territorios prohibidos. El era, poñamos por caso, dun barrio chic da capital do reino e ela, un supoñer, dalgunha aldea perdida de Ourense preto da fronteira. Demasiada terra de ninguén entre ambos, as diferencias de clase e ideolóxicas tamén era unha eiva. Os augurios non vaticinaban nada bo; a vella botadora de cartas díxolles que non daba un peso pór eles; na bola de cristal só medraban tormentas. Eran tan distintos que o futuro pintaba negro como noite de lobos. Eran tan inxenuos que, contra todo prognóstico, pensaron que podía funcionar. Pasaron os anos e seguen xuntos, son moderadamente felices.

miércoles, 4 de marzo de 2009

SORTEO DO MEME LARPEIRO




20:35 H.
Teño que pedirvos desculpas polo atraso, pero estes días o raposo estivo bastante atarefado, perseguindo galiñas, esquivando cazadores e remoendo os resultados electorais.
Estes que seguen son os participantes no sorteo con cadanseu número:







1= LM
2= CHOUSA
3= BARREIRA
4= CARLOS SOUSA
5= ARTABRIA
6= SARAMPELO
7= PACO PENAS
8= VERMELLA
9= FRAVERNERO
10= MANUEL L. RODRIGUES
11= ZELTIA
12= VINTXUCA
13= PAIDELEO
14= MER
15= VAKASTOLAS
16= SENDA
17= MONCHO PAIS
18= RUI
19= ROXIÑA
20=ALEXANDRA
21=VANESSA DE SANTISO
22= NINSESABE
23= SEMPRE EN GALICIA-RADIO CORNELLÁ.



Tiña pensado facer o sorteo perante notario pero, amiguiños, a crises chega para todos; tiña pensado traer como testemuña o Rajoy (por aquelo de “viva el vino”, xa sabedes) pero o home anda moi ocupado celebrando o éxito nas eleccións galegas e nas eleccións vascas (nestas o PP perdeu 70.000 votos, non sei que carallo celebra). Así que vouno facer en plan mais humilde, coa colaboración da Bonoloto.
O ganador será o primeiro número que saia no sorteo da Bonoloto de hoxe 4 de marzo de 2009, sempre e cando ese número non sexa superior a 23, que é o número de participantes. Caso de ser superior non sería válido e pasaríase o número seguinte e así sucesivamente ata que se cumpra esa premisa.
¿Queda claro, non?
O sorteo como sabedes é augardente de herbas e viño de Amandi: augardente artesanal, da casa (meu pai foi augardenteiro) e viño Priscillus da Adega Lobeiras (pulsa na foto para velo mellor, si queres).
Lobeiras é unha zona da ribeira de Barantes (no cerne mesmo do canón do Sil) pola que eu teño unha especial querencia por razóns que non veñen o caso agora relatar aquí. Baste dicir que nos seus socalcos o sol, a terra e as cepas confabúlanse para ofrecernos un viño saboroso que ten moito de traballo e de arte. Un viño que hai que regalar porque o máxico non ten prezo.
Ben, pois a ver que nos depara o sorteo.
..
22:05 H.
Veño de ver o sorteo pola TV2. O primeiro número que saíu foi o 8, número válido por tanto.
¿E a quen lle corresponde? Pois a VERMELLA.
Vaia, vaia, noraboa! Xa me poñerei en contacto contigo para concretar o tema do envío.
E a tódolos demais participantes/comentaristas agradecervos a vosa colaboración neste trasteo que empezou LM como quen non quere a cousa e acabou dando moito xogo e traspasando fronteiras.
Grazas a todos-as.