jueves, 20 de mayo de 2021

labores cotiáns

                   

 

descalzarse ó pé da letra

desconfiar dos cabos soltos

medir o peso da neve

respirar coa man no lume

esquivar as portas de emerxencia

escoitar facendo oídos xordos

esperar coma se os días tivesen présa

descifrar unha páxina en branco

calcular o sufrimento dun asteroide

rescatar un boca a boca

escribir discursos

para non quedarse nos ósos

pescudar nos efectos secundarios

exiliarse

pagar en efectivo


                        Do libro "Nas esquinas do frío"

domingo, 16 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas: Xela Arias

 


“Só é poesía aquela que non busca victorias, só será poesía aquela que non afogue nas derrotas. Só é poeta o que busca liberarse de si mesmo. Só será poeta quen o conquira.”

Xela Arias