domingo, 15 de abril de 2012

DISPAROS (REAIS)

Anda estes días o meu corazón republicano inquedo e preocupado polos disparos dos Borbóns, cuxas armas quizais carga o demo.

miércoles, 11 de abril de 2012

NO GAIÁS



"Cautelosamente al principio, con indiferencia después, con desesperación al fin, erré por escaleras y pavimentos del inextricable palacio.
“Este palacio es fábrica de los dioses”, pensé primeramente. Exploré los inhabitados recintos y corregí: “Los dioses que lo edificaron han muerto”. Noté sus peculiaridades y dije: “Los dioses que lo edificaron estaban locos”. A esta impresión se agregaron otras: la de lo interminable, la de lo atroz, la de complejamente insensato.
En el palacio que imperfectamente exploré, la arquitectura carecía de fin. Abundaban el corredor sin salida, la alta ventana inalcanzable, la aparatosa puerta que daba a una celda o a un pozo, las increíbles escaleras inversas, con lo peldaños y la balaustrada hacia abajo."
Estas verbas pertencen o relato El inmortal, de Jorge Luís Borges. Lembreino porque este sábado pasei polo Gaiás e sentín algo parecido: unha sensación de incomodidade, un disparate incoherente, un animal prehistórico profanando a montaña, o inútil, o despilfarro elevado a enésima potencia.





Apenas había xente. Demasiado espacio e pouco contido, a biblioteca sen lectores , os andeis ocos, salas deshabitadas. Millóns e millóns enterrados sen sentido. Mágoa de diñeiro malgastado coa cantidade de patrimonio que temos mal coidado ou abandonado a súa sorte.



Gustoume, eso si, atopar xuntos a Fraga e o Che Guevara. Polo menos que esta barbaridade arquitectónica sirva para a reconciliación de dous personaxes antagónicos, aínda que sexa post morten, en formato libro e nunha biblioteca medio baleira.

martes, 3 de abril de 2012

FUSIÓNS

Está o Feijóo empeñado na fusión dos concellos e razón non lle falta. Non parece lóxico que Galicia teña máis que Portugal, poño por caso, e que moitos deles non cheguen os 2000 habitantes. Rebaixar o seu número redundaría nun aforro do gasto público e dos postos políticos (co perigosos que son eses elementos) e posibilitaría unha mellor organización e xestión do territorio.
Oza e Cesuras deron o primeiro paso. Coido que os seguintes que se tiñan que fusionar (por razóns obvias) son os concellos ourensáns de MELON e SANDIAS, e tendo en conta a excesiva querencia que temos polo inglés o seu novo nome podería ser THE FRUIT COMPANY.
Admítense, non obstante, outras suxerencias.