Eu
quero un bico para ganar a guerra,
ti
perder a batalla para poder renderte.
Ti
aceleras nas curvas da noite,
eu
demórome a carón dos teus peitos.
Eu
debuxo un plano do paraíso,
ti
rómpelo en mil anacos para que ninguén o atope.
Ti deixas que os pés te leven a outro pub,
eu
fico preso dos teus ollos acastañados.
A
min perséguenme as pantasmas do pasado,
ti
apostaches dobre ou nada contra o futuro.
Ti
pescudas unha razón para fuxir,
eu
teño máis de cen para quedarme.
A
noite esvara cara ó abrente
buscando
unha saída.
Ti
sorrís coqueta entre as sombras
das
luces de neón
mentres
eu lembro os versos de Manolo Tena
“de
un largo naufragio tus brazos me salvan”
e
volvémonos bicar.
Do libro "Territorios estraños"