Nunca souben ser
elegante sen afociñar,
escapar sen deixar
pegadas,
nin conseguín éxitos nos
que non tivese
antes que lamber as
feridas.
O tempo que nos dá
experiencia
deixa tamén costuróns
sobre a pel gastada;
sempre un borrón
remata por aparecer
nos escritos máis
importantes;
non hai refuxio
que non sufra unha
invernía;
as rosas teñen o curioso
costume
de agochar espiñas,
e á ledicia de camiñar
descalzos
contraponse a probabilidade
de pisar no carreiro
vidros rotos.
Por iso admiro a Fred
Astaire,
un tipo de esvelta
delgadeza
no que ata o máis torpe
tropezón
parecía un paso de baile
perfectamente executado.
Do libro "Territorios estraños"